BANNER PLAYDOC

Esta fin de semana, Bouzas fai da historia unha festa coa Brincadeira

Cando remata a Reconquista, esperta a Brincadeira. A XVII edición desta festa viguesa celébrase entre o venres, 9 de maio, e o domingo, 11 de maio. Entre as numerosas actividades que constitúen a súa programación, destacan dúas: a representación da Brincadeira e o concurso de traxes de época.

Pasada edición da Festa da Brincadeira | Lara Alonso

A Brincadeira é unha festa que honra ás persoas de Bouzas que participaron na expulsión dos franceses do ano 1809. Un bo exemplo das mesmas son as irmás Reis, quenes observaron ás tropas inimigas dirixirse cara a Vila de Vigo, desde o adro da igrexa de Bouzas.

Este ano, a programación inclúe numerosas actuacións musicais, que terán lugar ao longo de toda a fin de semana en dous escenarios: un ubicado no palco e outro no paseo. Ademais, cada día haberá diferentes pasacalles e talleres. Entre eles, destacan o taller de cantería para nenos, a demostración de oficios artesanais e o tallador de vidro. Ademais a cativada tamén poderá desfrutar de antigas atraccións infantís e talleres de globoflexia e pintacaras.

VENRES, 9 DE MAIO

  • 19:00 h – Palco | Os Erdeiros dos Morenos
  • 19:00 h – Paseo | Charanga O Fiadeiro
  • 20:00 h – Palco | Ferriñas da Oliveira
  • 20:00 h – Paseo | Charaviscas
  • 21:00 h – Paseo | Xastres
  • Pasacalles | Os da Cochera

SÁBADO, 10 DE MAIO

  • 12:00 h – Palco | Laxes
  • 12:00 h – Paseo | Grupo Etrad Zanfora Ensemble
  • 12:30 – 14:00 h | Gaiteiros de Pardavila
  • 13:00 h – Paseo | Peña Xuntanza
  • 14:00 h – Palco | Laxes
  • 14:00 h – Paseo | Banda de Gaitas Etrad
  • 18:00 h – Palco | Meigallos e Feiticeiros
  • 18:30 h – Paseo | Representación teatral da Brincadeira
  • 20:30 h – Paseo | No colo dos Ventos
  • Pasacalles | Grupo Arroutadas

DOMINGO, 11 DE MAIO

  • 12:00 h – Palco | Gaiteiros da Ría
  • 12:00 h – Paseo | Queixumes
  • 12:30 – 14:00 h | Banda de Gaitas Cotogrande
  • 13:00 h – Paseo | III Concurso de traxes de época
  • 14:00 h – Palco | Gaiteiros da Ría
  • 16:00 h – Palco | Os Ferraias da Etea
  • 17:00 h – Paseo | ACF O Fiadeiro
  • 19:00 h – Paseo | Banda de Gaitas Charamuscas
  • Pasacalles | Grupo Arroutadas

TODOS OS DÍAS

REVISTA MAIO
  • Taller de cantería para nenos
  • Demostración de oficios artesanais
  • Instrumentos musicais
  • Tallador de vidro
  • Antigas atraccións infantís
  • Talleres de globoflexia e pintacaras