VIALIA
bannerPicnicSesions

Bouzas toma o relevo da Reconquista coa Brincadeira

Fíxose derrogar pero xa está aquí, este domingo celébrase a Brincadeira. Bouzas xa está preparada para celebrar a expulsión dos franceses a ritmo de gaita, con moitos ‘chouripáns’ e o concerto de A Roda.

A celebración da Brincadeira, inicialmente programada para o 15 de abril, pospúxose para esta fin de semana polo mal tempo. Este domingo, Bouzas conmemora a celebración que se produciu na vila tras coñecer que Vigo quedara liberada do exército napoléonico. Unha vitoria na que participaron moitos boucenses. Tanto a alameda Suárez Llanos como as rúas do barrio histórico encheranse de postos de comida e artesanía así como representacións dos gremios da época. Tampouco faltará a música. Varias agrupacións folclóricas tradicionais participarán na festa. Unha das actuacións principais será a tradicional foliada na Praza da Vila, que se fai en recordo da reacción popular pola expulsión dos franceses. Este ano os actos culminarán coa actuación de A Roda, que presentará o seu novo disco na praia do Atrio. Segundo sinala a organización este ano o mercado será máis grande que nunca e albergará 200 postos que se situarán cara a praia.