VIALIA
ARRIBADA

Escolas con xornadas de portas abertas

Escoller escola para a nosa rapazada non é unha tarefa sinxela. Aquí recollemos información sobre algúns colexios de Vigo e as súas xornadas de portas abertas.

Colexio Plurilingüe Alborada

Avenida do Aeroporto, 392 (Candeán)

Horario: das 08:40 h ás 14:00 h

Servizos: aula matinal, comedor e biblioteca

Programa educativo: unha soa liña, maximizando a educación inclusiva

Outros: escola plurilingüe con auxiliar de conversa nativa

Portas abertas: a partir do luns 3

+ info

Colexio Don Bosco

Rúa da Estrada, 5 (Coia)

Horario: de luns a xoves, das 09:00 h ás 12:30 h e das 14:30 h ás 16:30 h; venres das 09:00 h ás 14:00 h

Servizos: servizo de madrugadores, recollida tardía e comedor

Programa educativo: traballo de contidos a través dunha metodoloxía de ambientes

Outros: amplo departamento de orientación formado por unha psicóloga, así como por varias mestras especialistas en pedagoxía terapéutica (PT) e en audición e linguaxe

Portas abertas: sábado 8 ás 11:00 h e mércores 12 ás 17:30 h

+ info

San José de Cluny

Rúa do Carballo, 46 (A Salgueira)

Horario: das 09:00 h ás 12:55 h e das 15:00 h ás 17:00 h

Servizos: servizo de madrugadores e comedor con cociña propia

Programa educativo: traballo por proxectos, traballos cooperativos e plans propios

Outros: potenciación da competencia dixital coas novas tecnoloxías

Portas abertas: mércores 12 ás 15:30 h

+ info

REVISTA FEBREIRO

Eleven School

Horario: De 9:00 a 16:00 h

Servizos: aula matutina e vespertina, actividades extraescolares

Programa educativo: certificado como colexio británico e baseado na metodoloxía Montessori.

Outros: método de evaluación contínua, priorizando o proceso e non o resultado

Portas abertas: sábado 15 ás 10:00 h

+ info