Dous artistas vigueses aspiran á final do ConxeFest Fish & Hits
Habitación vudú (Ourense), Law (Vigo), Melodiam (Pontevedra), Naitinain (Santiago de Compostela) e Zålomon Grass (Vigo) son os cinco finalistas que foron escollidos por un xurado profesional de entre os 138 rexistrados ao certame ConxeFest Fish & Hits. As votacións públicas para escoller a través de Instagram ás tres bandas que subirán ao escenario da Porta do Sol o venres 27 están abertas ata o domingo 22 de setembro.
O primeiro concurso de bandas organizado por Conxemar, o Conxe Fest Fish & Hits, resultou todo un éxito en cuanto á participación. 138 bandas participaron neste evento que quiere festexar o 25 aniversario da súa Feira Internacional de produtos do mar conxelados, e cinco son os finalistas escollidos por un xurado profesional: Habitación vudú, Law, Melodiam, Naitinain e Zålomon Grass.
Agora tócalle á xente exercer de xurado, pois ata o domingo 22 de setembro están abertas as votacións na conta de Instagram de Conxemar (@conxemar). Os tres artistas con máis likes actuarán en directo na final do venres 27 ás 19:00 na Porta do Sol. Nesta xornada un xurado escollerá o proxecto gañador, que recibirá un primeiro premio de 5.000 euros e terá a oportunidade de actuar o 3 de outubro na Feira Conxemar #ante os visitantes.
En ConxeFest Fish & Hits tamén haberá espazo para a gastronomía, a través dunha foodtruck que ofrecerá petiscos con base de produtos do mar conxelados a un prezo simbólico e cuxa recadación irá destinada a fins benéficos.