CANS
XERAIS

Divertos – Caminare

Con 35 anos de experiencia, os monitores de Divertos velarán pola seguridade e benestar de todos os nenos e nenas que acudan ao Summer Camp – Daniela Francos Gondell, crenado un ambiente de compañeirismo, aventura, educación, deporte e entretemento. Todo isto rodeados de natureza, nunha paraxe ubicada na portuguesa Serra do Alvão, a menos de dúas horas de Vigo.

Paintball, arborismo, paddle surf, escalada, aquapark, karts, descenso en canoa, big jump… estas son algunhas das actividades que realizarán os nenos que acudan ao Summer Camp – Daniela Francos Gondell do 8 ao 13 de xullo. O prezo, de 415 euros, inclúe pensión completa, transporte, monitores 24 horas, seguro de responsabilidade civil e entrada ao parque acuático Naturwaterpark en familia. Esta última actividade terá lugar o sábado 13, e a organización convidará á comida (picnic para dúas persoas) dese día aos familiares dos campistas que decidan acudir.

Poderán anotarse os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos, con grupos diferenciados. Existen descontos especiais polo décimo aniversario do campamento do 5% por irmán,s antigos participantes ou se o método de pago é en efectivo antes do 30 de maio.

Summer Camp Daniela Francos Gondell ofrece seis días trepidantes no parque Pena Aventura (Ribeira de Pena, Portugal), onde a rapazada pode practicar actividades como escalada, pádel, paintball, piragüismo e moitas máis. O campamento conclúe cun día en familia no parque acuático Naturwaterpark.

Datas: 8 a 13 de xullo

Idade: 9 a 17 anos
Prezo:
415,00 € (inclúe aloxamento, pensión completa e transporte)

divertos2012@gmail.com | 616328966

REVISTA MAIO