CAMELIAS MASCOTAS

Dez plans para desfrutar da fin de semana en Vigo

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 27 ao 29 de outubro. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

A RIR A VIGO – Venres ás 20:00h no auditorio do Concello – 12,00 €

Dentro do programa de artes escénicas Vigocultura para este outono chega este sábado un espectáculo de humor con selo vigués. Jazmín Abuín axercerá de mestra de cerimonias e Agustín Jiménez, Álex Salaberri e Bianca Kóvacs farannos rir e reflexionar.

REAPERTURA DE EL CONTRABAJO – Venres ás 20:30h en El Contrabajo – De balde

A sala de música da rúa Venezuela inaugura este venres unha nova etapa con concerto de Yomelo Montosolo.

MODULADORES – Venres ás 21:30h na Sala Kominsky – 6,00 €

Moduladores ofrecerá ou seu 1º concerto na Sala Kominsky. A nova banda viguesa está formada por Javier Soto ( Os Resentidos, Siniestro Total), Nico Rodriguez (Best Boy), Paulo Pascual (Modulador de Ondas) Pablo Muñiz (Costa Escura). Unha nova proposta arriscada que traballa coa electrónica, ou kraut, surf, exótica… Composicións propias instrumentais bañadas polo theremin de Paulo Pascual.

ALBERTO CUNHA – Venres ás 22:00 h en Cañaveral – De balde

Alberto Cunha é actor, músico, imitador, compositor e humorista. Desde moi novo comezou a súa carreira percorrendo escenarios de todo o país. Actualmente compaxina a súa profesión con intervencións en radio e televisión.

SAMAÍN – Sábado de 16:00h a 21:00h no Centro Comercial Camelias – De balde

Tras o éxito do ano pasado o Centro Comercial Camelias ten preparadas unha manchea de actividades para gozar do Samaín en familia: karaoke, desfile terrorífio, pintacaras, escape room e tamén varias actividades para afondar no Día de Mortos á mexicana. Ademais do sábado haberá actividades o luns, martes e xoves.

UNHA PONTE COA LUSOFONÍA – Sábado ás 19:00 h no MARCO – De balde

Ciclo de cinema que durante catro sábados consecutivos amosará traballos audiovisuais de Galicia, Portugal, Angola e Brasil. Nesta primeira sesión poderemos ver Jacinto, de Javi Camino e a curta Na pel da memoria, de Laura e Coral Piñeiro.

INESTABLE – Sábado e domingo ás 20:00 h – Desde 10,00 €

Este espectáculo de comedia do dúo Sutottos toma como eixo o medo e os seus derivados; paranoias, fobias, obsesións e ansiedades. Unha porta mal pechada ou a humidade nunha parede son puntos de partida que conducen á neurose e que terminan atrapándonos nos nosos propios temores.

QUEVEDO – Sábado ás 21:00 h – Esgotadas

Quevedo, un dos artistas estatais que máis escoitas acumula nos últimos anos, regresa a Vigo o 28 de outubro dentro do seu DQE Tour. O concerto do canario será no IFEVI e as entradas están esgotadas.

XORNADA MICOLÓXICA SOLIDARIA- Domingo ás 10:00 h no CUVI – 15,00 €

REVISTA NOVEMBRO

Paseo para aprender aprender a recoñecer os cogumelos dos nosos montes.  Non consistirá en recolectar setas para consumo. Está organizado pola Asociación Rescue Galicia, un refuxio pequeno destinado principalmente a cans catalogados como perigosos.

VIGO, VíA DA HISPANIDADE – Domingo ás 11:00 h na Porta do Sol – 10,00 €

Vigo Turístico propón unha ruta para coñecer como unha serie de persoeiros e acontecementos históricos demostran o papel fundamental que a cidade e a ría tiveron no desenvolvemento do carácter da hispanidade.