CAMELIAS MASCOTAS

Costeira Sonora, o festival de música entre viñedos

O 24 de setembro terá lugar o último festival do verán. O Pazo de Toubes, unha fermosa construcción do século XVIII recén restaurada, acollerá o Costeira Sonora, que conta con artistas como Los Vinagres, La La Love You ou Nat Simons no seu cartel. Gastronomía, viño e moita música entre viñedos. Merca aquí as túas entradas.

REVISTA NOVEMBRO

Aínda que fóra de prazo por ben pouco, podemos considerar o Costeira Sonora como o último festival do verán. Será o 24 de setembro no Pazo de Toubes (Cenlle, Ourense), unha xoia do patrimonio rural de 1742. Unha das únicas adegas pazo de Galicia que foi rehabilitada conservando toda a súa historia. Este evento exlusivo mestura música, gastronomía e enocultura no corazón del Ribeiro. Xa que o pazo non dispón de moitas prazas de aparcamento, o festival pon a disposición dos asistentes varios autobuses de ida e volta a Ourense e Ribadavia.

O cartel musical está formado por Los Vinagres, Nat Simons, La La Love You, Laura LaMontagne & PicoAmperio, Indomable e o DJ Isaac Pedrouzo. Durante o festival poderás degustar suculentos aperitivos do chef de Toubes maridados cos viños e cócteles de Viña Costeira, á vez que gozas da mellor música en todos os recunchos do Pazo.

O pazo está situado nunha localización privilexiada, un ambiente distendido e relaxante para gozar da música sen os agobios dos grandes eventos. O prezo da entrada é de 35€. A rapazada ata 17 anos poderá acceder por 15€ e os menores de 4 irán de balde.