Consegue un pase doble para ver a Gilberto Gil

En A Movida non queremos deixar de agradecer aos nosos seguidores o seu apoio e vamos a sortear dous pases dobles para ver a Gilberto Gil o próximo 16 de xullo no Auditorio do Mar de Vigo.

Moitas son as formas de participar. A primeira, ser #AMOVIDALOVER ou subscritor da nosa revista A Movida, comezar a recibila na casa e non só participarás neste sorteo, senón que entararás a formar parte de todos os que fagamos de aquí en diante. Tamén podes participar a través de Facebook, Twitter ou Instagram e darlle gústame na publicación sobre este sorteo. Un dos pases dobres irá para un #AMOVIDALOVER e outro para un seguidor das redes sociais.

prazo para participar é ata o mércores 10 de xullo ás 12 da noite. O xoves 11 coñeceremos o nome das dúas persoas premiadas.

SOBRE GILBERTO GIL

Gilberto Gil é un símbolo da música popular brasileira, foi ministro de Cultura no seu país e poderemos gozalo en Vigo nun concerto que está dentro da súa xira europea na que presenta o seu novo disco ‘Ok ok ok’ (2018), co que regresa logo dunha convalecencia que ameazou a súa vida. Só ofrecerá outros dous concertos na Península, en Barcelona e Lisboa.

Con este novo traballo volve ao top mundial da música, con temas que falan da familia, das amizades, da vellez ou da enfermidade, pero tamén contra as patrullas ideolóxicas. ‘Ok Ok Ok’ trae a familia, os encontros do núcleo íntimo de amizades, a doenza que sufriu e aqueles que o axudaron a pasar por ela. Ao mesmo tempo, cuestiona a necesidade de posicionamento que lle é esixida pola sociedade. A produción musical do fillo Ben e a participación de amigos e familiares destaca o aspecto íntimo da obra.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser subscritor da revista. Se non o eres preme neste link.
    Ou
  • Ser seguidor en Facebook, Twitter ou Instagram de @amovidavigo
  • Darlle gústame á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o mércores 10 de xullo ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook, Twitter ou Instagram. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador ou gañadora serán elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o medio no que participou; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortéase dúas entradas dobres para o concerto da Gilberto Gil que se celebrará o 16 de xullo ás 21:30 no Auditorio do Mar de Vigo.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

REVISTA VERAN

* Facebook, Twitter e Instagram non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.