xullo, 2019

16xul21:30Gilberto GilCONCERTO | Desde 22,20 €21:30 Mar de Vigo

Máis

Detalles do evento

Gilberto Gil é un símbolo da música popular brasileira, foi ministro de Cultura no seu país e poderemos gozalo en Vigo nun concerto o martes 16 de xullo no Auditorio Mar de Vigo, dentro da súa xira europea na que presentará o seu novo disco ‘Ok ok ok’ (2018), co que regresa logo dunha convalecencia que ameazou a súa vida. Só ofrecerá outros dous concertos na Península, en Barcelona e Lisboa.

Con este novo traballo volve ao top mundial da música, con temas que falan da familia, das amizades, da vellez ou da enfermidade, pero tamén
contra as patrullas ideolóxicas. ‘Ok Ok Ok’ trae a familia, os encontros do núcleo íntimo de amizades, a doenza que sufriu e aqueles que o axudaron a pasar por ela. Ao mesmo tempo, cuestiona a necesidade de posicionamento que lle é esixida pola sociedade. A produción musical do fillo Ben e a participación de amigos e familiares destaca o aspecto íntimo da obra.

Hora

(Martes) 21:30

Lugar

Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

X