Comedia, concertos e musicais ata maio no Mar de Vigo
Hoxe presentouse a programación do principal auditorio da cidade, que combina espectáculos de comedia, varios musicais de renome e gran variedade de concertos, entre os que atopamos varios tributos. Estes eventos son os que xa se atopan confirmados, máis nos próximos meses o programa irá en aumento. As entradas xa están á venda na web do auditorio.
EL SENTIDO DEL HUMOR. DOS TONTOS Y YO – 8 de febreiro
Ábrese o pano: José Mota, Santiago Segura e Flo saen ao escenario xuntos, xuntos e por separado, por parellas e individualmente, ofrecendo reflexiones risas e disparates varios que axuden a entender cal é hoxe en día o noso sentido do humor, cun único obxectivo facer rir por todos os medios ao espectador. As entradas levan tempo agotadas para as dúas sesións.
LA ÚLTIMA TOURNÉ – 20 de febreiro
Cun elenco no que destacan Alaska, Mario Vaquerizo e Bibiana Fernández, esta comedia musical conta a historia de Norberto Pinti, un director, autor e produtor que rexenta unha pequena compañía portátil de variedades coa que se gañan a vida polos pobos de España en xiras lustrosas e populares. Tras vinte anos de éxitos vivindo no faranduleo nómade, descobren que os xéneros que tocan empezan a desfasarse. O elenco compóñeno Manuel Bandeira, Bibiana Fernández, Alaska, Mario Vaquerizo e Marisol Muriel.
DR. QUEEN, TRIBUTO A QUEEN – 21e 22 de febreiro
Novo tributo de Queen en Vigo. Considerada polo NED de Montreux en 2009 como a mellor banda Tributo de todos os tempos, Dr. Queen chega co seu novo espectáculo a España tras 20 anos nos escenarios e máis de 900 concertos en todo o mundo.
AINHOA ARTETA – 23 de febreiro
A soprano española máis importante das últimas décadas volve a Vigo. Ainhoa Arteta presentarase no Auditorio Mar de Vigo cun repertorio de cancións de autores clásicos españois: Enrique Granados, Isaac Albéniz, Francisco Asenjo Barbieri ou Fernando Obradors. Arteta comparece acompañada polo pianista Javier Carmena. Baixo o título ‘Cantares Viajeros’, o concerto de voz e piano exporá un percorrido musical que pasa por grandes temas clásicos da música española.
EL GUARDAESPALDAS – Do 26 de febreiro ao 1 de marzo
Tras a súa triunfal estancia no West End de Londres, comeza a súa xira por España o musical que recrea a relación entre unha diva da canción e o seu gardacostas. Poderemos ver a historia de Frank Farmer, ex axente do Servizo Secreto que é contratado para protexer á superestrella Rachel Marron dun acosador descoñecido, en nin máis nin menos que sete funcións.
TRIBUTO A MICHAEL JACKSON – 13 de marzo
Como diciamos, outro tributo máis, neste caso ao Rei do Pop. Os seus mellores temas, como Thriller, Beat It, Billie Jean, Black or White e moitos outros máis interpretados polas incribles voces que participan, acompañadas dunha complexa coreografía e inesquecibles efectos especiais.
WEST SIDE STORY – 26, 27, 28 e 29 de marzo
É un dos musicais máis importantes e representativos do teatro universal. A partitura a cargo de Leonard Bernstein e Stephen Sondheim é unanimemente recoñecida como unha das mellores na historia dos musicais. Coincidindo co Centenario do nacemento de Leonard Bernstein, estréase por primeira vez en España a versión orixinal íntegra coa que este musical mítico debutou no Winter Garden Theatre (Broadway, 1957). Con 20 actores en escena e unha gran banda de músicos en directo, contan cun total de seis funcións na cidade.
TRIBUTO A ABBA – 18 de abril
Último tributo da tempada, de momento. ABBA Mamma Mia capta a imaxe, a música e a personalidade dunha das bandas máis importantes da historia, o fenómeno musical que percorreu o mundo, e moi especialmente as discotecas, a finais dos anos 70. Músicos de primeiro nivel aprópianse de cada detalle do que foi ABBA, e do que nos fixo sentir.
SERGIO DALMA – 8 de maio
Sergio Dalma celebra tres décadas de carreira con ‘30… y tanto’, un proxecto en forma de disco e xira que conmemora a súa traxectoria cun novo enfoque dos seus éxitos sen deixar pasar a oportunidade de presentar nova música aos seus seguidores. Pasado, presente e futuro unidos no proxecto dunha das voces máis persoais e reconocibles do panorama musical en español.
MICHAEL KIWANUKA – 10 de maio
Por último, un dos grandes concertos do ano na cidade. Sinalado como unha das voces do presente e futuro do soul británico, Michael Kiwanuka non parou de recibir eloxios desde o seu marabilloso primeiro disco Home Again (2012), pasando polos seus seguintes traballos Love&Hate (2016) e KIWANUKA (2019). Ademais da súa voz privilexiada, o artista londiniense é un enorme compositor e un habilidoso guitarrista, capaz de crear himnos atemporais como Cold Little Heart ou Black man in a white world, que son só unha mostra do seu enorme talento e carisma.