Cinco propostas para desfrutar do Día Mundial da Danza en Vigo
A décima edición do concurso internacional Vigo Porté, clases abertas para aprender claqué en Mayeusis e espectáculos no auditorio e na rúa. As opcións para desfrutar do día da danza son abundantes e variadas na cidade.
Cada 29 de abril os bailaríns celebran o seu día. Unha data fixada pola UNESCO hai xa 40 anos que corresponde co nacemento do bailarín francés Jean-Georges Noverre, considerado o creador do ballet moderno. En Vigo existen varias iniciativas para desfrutar da arte de mover o corpo xa sexa mirando ou practicando.
O venres 29 de abril arranca no Auditorio Mar de Vigo a décima edición do certame Vigo Porté, unha competición de escolas da danza que reunirá a 2000 bailaríns de todo o mundo. A competición exténdes de venres a domingo e a gran sorpresa deste ano será a actuación das Tanxugueiras na gala de clausura do certame, o 1 de maio. Horarios e link á billeteira.
O conservatorio Mayeusis, a través da súa sección de danza, Mayeuswing, organiza dúas clases abertas e gratuítas para aprender a bailar claqué. Ambas son o venres, ás 18h dirixidas a público infantil e ás 20h para dultos. É preciso inscribirse a través da web da escola.
VigoCultura tamén ten programada unha sesión de danza: DeMente, un espectáculo de Fran Sieira que combina baile e música tradicional galega para abordar unha premisa enunciada pola OMS: unha de cada catro persoas sofre estigmas sociais por padecer unha patoloxía. Máis información e link ás entradas.
Desde a Deputación de Pontevedra propoñen un hermanamento entre Arxentina e Galicia con dobre actuación: tango con Laura Díez e danza e música galega coa peza Bailador, de Óscar Cobos Compañía de Danza. Trátase dunha peza “moi especial, subversiva e feminista” bailada por 9 mulleres. Terá lugar no exterior do edificio da Deputación.
Non falta un dos clásicos desta efeméride, a celebración popular do Centros Deportivos e Culturais que o sábado, a partir das 19h enche as prazas públicas de danza programando dez actuacións en cinco prazas viguesas de xeito simultáneo.
- Rúa Príncipe (diante do MARCO) actuación principal: A.C.F O Fiadeiro/ A.F.T Os Ventos da Comesaña
- Pz. Independencia: A.F. Andarela/ A. Monteira de Danzas do Mundo
- Teis (Pz. Barrio da Flores): A.F. Froles Novas/ A.C.F Tarambainas
- Bouzas (Alameda): A.F. Corisco / A.F Queixumes
- Calvario (rúa peonil): G.B Amieiras de Valladares / G.B Semente da Arte Galega