CAMELIAS

Catas de cervexa e cursos de tiraxe gratuítos con Alhambra degustadores

Os amantes da cervexa teñen un plan a non perder de vista estes días en Vigo. Trátase do evento ‘Alhambra Degustadores’ a través do que cervexas Alhambra convídanos a coñecer as súas bebidas a través de catas e cursos de tiraxe gratuítos.

Se ademais de beber cervexa gustaríache coñecer un pouco máis sobre a súa elaboración, maridaxe e tiraxe ‘Alhambra degustadores’ é un evento que debes marcar na túa axenda. Dende onte, martes 11, e ata o domingo 16 propoñen catas multisensoriais e cursos de tiraxe gratuítos que se están a desenvolver no espazo MUTA (Joaquín Loriga, 9). Para participar só é preciso reservar praza nalgunha das sesións que se están a desenvolver todos os días ás 19:00, 20:00 e 21:00 e o fin de semana tamén en horario de mañá ás 12:30, 13:30 e 14:30.
Tanto as catas como os cursos de tiraxe son conducidos por Beer Sommeliers que guiarán aos asistentes polo mundo da cervexa. Explicándolles os diferentes ingredientes que compoñen a cervexa: auga, cebada, lúpulo e levadura. E dando a coñecer as catro especialidades de cervexas Alhambra: Alhambra Reserva 1925, Alhrambra Reserva Roja, Alhrambra Reserva Especial e Alhambra Sin. Os asistentes poderán achegarse as diferenzas e similitudes destas catro variedades a través do sentido da vista, do olfacto, do tacto e por suposto do gusto. Nos cursos de tiraxe aprenderanse as normas básicas para tirar unha boa cervexa e cuns rápidos consellos saberemos identificar de maneira rápida cando unha caña non foi tirada da forma adecuada.

(GMT+01:00) MUTA


(GMT+01:00) MUTA


(GMT+01:00) MUTA


(GMT+01:00) MUTA


(GMT+01:00) MUTA


(GMT+01:00) MUTA

VEGANA

(GMT+01:00) MUTA