Baile e sostibilidade no campamento de Caixiña de Ritmos

O local de Caixa de Ritmos está no centro de Vigo e contan con amplas salas, aínda así preferiren facer grupos reducidos para ofrecer a mellor calidade nas actividades para os peques da casa.
Neste campus ofreceren un achegamento a diferentes bailes urbanos (hip hop, house, breaking, popping…) e tamén ao baile jazz orixinal, para aprender conceptos musicais do jazz través do movemento corporal. Tamén traballarán conceptos básicos sobre música, canto, percusión corporal, claqué… Diversión, aprendizaxe e moito baile para gañar conciencia corporal, rítimica, psicomotricidade, capacidade de traballo en equipo e desenvolvemento da sensibilidade musical.
Tamén queren ofrecer aos máis peques actividades complementarias de artes plásticas centradas na reciclaxe, para fomentar a concentración e a creatividade, ao mesmo tempo que desenvolven unha conciencia medioambiental e adquiren estratexias para darlle nova vida aos obxetos vellos, fomentando a capacidade de resolución de problemas.
Resumo
Campus no que se combinan os bailes urbanos como o hip-hop, house, breaking ou popping co baile jazz orixinal. Ofrécense tamén actividades complementarias de artes plásticas centradas na reciclaxe.
Datas: 30 de xuño a 1 de agosto
Horario: 9:00 h a 14:00 h
Idade: 6 a 11 anos
Prezo: 119,00 € por semana (descontos ao contratar varias semanas e por irmáns)
Enderezo: Canellón dos Caños, 9
Web: caixaderitmos.com/caixina-de-ritmos