CAMELIAS MASCOTAS

C. Tangana actuará dentro dos concertos do Xacobeo en Vigo

A Xunta de Galicia anunciou este sábado no Gaiás 65 eventos programados en diferentes localidades para celebrar o Xacobeo. Entre a actividade prevista para Vigo, lidera o cartel C. Tangana que actuará o 23 de agosto no Peirao de Trasatlánticos.

‘El Madrileño’, o último traballo de Antón Álvarez Alfaro, coñecido artísticamente como C.Tangana, soará o próximo 23 de agosto no Peirao de Trasatlánticos. Este evento enmárcase dentro do ciclo Concertos Xacobeo que a Xunta de Galicia presentou esta fin de semana no Gaiás e na que se enmarcan 65 actuacións en diferentes localidades de toda a comunidade.

REVISTA NOVEMBRO

Na nosa cidade tamén actuará o cantautor estadounidense-canadiense Rufus Wainwright o 2 de xullo no Teatro Afundación. Ademais a Xunta desvelou a celebración do festival Latitudes, do que aínda non se coñece o cartel, pero que terá lugar o 19 e o 20 de agosto no Peirao de Trasatlánticos. No marco do ciclo Xacobeo Importa, pasarán por aquí Pat Metheny (17 de xuño no Mar de Vigo), Marisa Monte (26 de xuño en Afundación), Agnes Obel (7 de xullo en Afundación) e Leon Bridges (10 de xullo no Mar de Vigo).

Por outra banda, o ciclo Xacobeo Vigo terá lugar na súa totalidade no Mar de Vigo e arrancará o 6 de xullo con Fat Freddy’s Drop e continuarán Cimafunk (14 de xullo), Steve Vai (17 de xullo), Yann Tiersen (22 de xullo) y Texas (9 de agosto). 

O anuncio da Xunta chega xusto despois da polémica desatada esta semana co suposto concerto de Muse en Balaídos. A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias e o Real Club Celta aseguran que pediron permiso ao Concello para poder celebrar eventos multitudinarios como concertos no Estadio de Balaídos ao Concello coa intención de traer a Vigo a actuación do estelar británico. Abel Caballero limítase a dicir que Xunta minte e polo momento descoñecemos a ubicación final do concerto de Muse, pero parece bastante improbable que vaia ser na nosa cidade.