REVISTA MAIO

Bluscus, sucando a historia da ría

0

Evangelina, unha goleta de primeiros do século pasado do armador Xoán Silva, arribou recentemente a Vigo desde Rianxo. A bordo dela ou dun balandro poderemos sucar a nosa ría a través de diferentes percorridos grazas a Bluscus, a empresa de turismo mariñeiro fundada en 2014 por Pablo Mariño que ten como misión principal favorecer o encontro coa cultura do mar.

Evangelina | L. Alonso

Os dous devanditos buques pódense alugar para celebracións privadas e rutas personalizadas, pero tamén se pode asistir aos percorridos programados pola empresa coa compra dunha entrada. Os sábados e os domingos pola mañá ofrecen unha ruta que inclúe brunch a bordo e pola tarde un percorrido pola ría para observar o solpor. Estas saídas de dúas horas están deseñadas para coñecer a industria conserveira da man dun guía e descubrir o funcionamento das bateas e as artes pesqueiras da Ría de Vigo.

Evangelina | L. Alonso

Mención á parte merecen as experiencias Starlight, de catro horas, que permiten gozar da noite estrelecida evitando a contaminación luminosa. Estes traxectos teñen un número de prazas limitado a 12 persoas. Ademais de desfrutar da beleza da paisaxe mareira, os navegantes reciben explicacións sobre os recursos naturais e datos históricos sobre a ría. Estes paseos son idóneos tanto para turistas como para locais, «que moitas veces descoñecen a propia contorna e adoitan ser os que saen máis contentos», explica Pablo.

Esta embarcación ten 18,70 metros de eslora, 5 metros de manga e 1,65 metros de puntal, está arboledo con dous mastros construídos ao estilo da época e velas cuadras, tamén de materiais ao uso. Na década dos 60 foi desarbolado para traballar só a motor como barco bateeiro. Pero, na última semana de xullo de 2007, despois de dous anos de restauración do casco, arboladura, manobra… (realizado polos estaleiros Catoira de Rianxo, na Ría de Arousa) volve navegar no seu estado orixinal. A restauración desta nave foi moi coidadosa e tradicional, de feito o aparello das velas vai atado sen utilizar argolas de aceiro nin cables. O Evangelina Uno é posiblemente una das poucas embarcacións que se manteñen á boia da súa época.

Evangelina | L. Alonso

As rutas que ofrece Bluscus a bordo de Evangelina este verán son as seguintes:

  • Rutas conserveiras
  • Rutas con brunch
  • Rutas para ver o solpor
  • Rutas mariñeiras
  • Rutas Starlight
  • Navegación a vela tradicional
  • Ruta a Cíes
  • Ruta a San Simón

Policarpo Sanz, 14, 3.º-B | 657 63 59 99 | info@bluscus.es | @bluscus | bluscus.es

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.