Arranca o primeiro ciclo de cinema xaponés na cidade de Vigo
O cinema xaponés aterra nos Multicines Norte da man da Escola Oficial de Idiomas e a Asociación Cultural Maru que entre hoxe e o xoves organizan o pase de tres filmes arredor da figura de Takeshi Kitano, tanto na súa faceta de actor coma de director.
Os Multicines Norte acollerán a primeira semana de cine xaponés na cidade olívica. Froito da colaboración do departamento de xaponés da Escola Oficial de Idiomas e a Asociación Cultural Maru entre o 6 e o 9 de marzo proxectaranse tres filmes nipóns do director Takeshi Kitano. Todos os pases serán en versión orixinal e teñen un custe de 5 euros.
Takeshi Kitano é unha personaxe televisiva de grande éxito en Xapón, entre os moitos programas que ten presentado resalta o Takeshi’s Castle coñecido en España como Humor Amarillo. Non obstante, acadou a fama internacional na súa faceta de director.
Ao longo destas tres xornadas se proxectarán tres filmes dirixidos por Kitano: ‘O verán de Kikujiro’, neste filme o director tamén dá vida a personaxe principal, un antigo yakuza. ‘Dolls’, considerado a súa obra mestra, tanto polo guión escrito polo propio Takeshi coma pola posta en escena e a fotografía. E ‘Hana-bi: flores de fogo’, película policiaca que dirixe e protagoniza Kitano que se sinte cómodo neste xénero.
Sipnose dos filmes:
‘O verán de Kikujiro’: Masao é un neno de nove anos ao que lle toca pasar as vacacións de verán coa súa avoa; así que se remataron os partidos de fútbol, xa que tódolos seus amigos marcharon a Praia. O aburrimento de Masao é tan grande que ten a idea de ir a procura da súa nai a que nunca coñeceu. Con moi pouco diñeiro e cunha fotografía e un enderezo como únicas referencias o plan parece condenado ao fracaso. Unha amiga da súa avoa propón que o seu marido acompañe a Masao. O problema é que Kikujiro, un antigo yakuza, non parece a compaña máis recomendable para un neno.
‘Dolls’: Ou tres historias de amor e dor. Sawako e Matsumoto eran unha parella feliz, mais as presións dos seus entremetidos pais obrígalles a tomar unha decisión vital. Hiro é un ancián xefe da yakuza (mafia xaponesa). Trinta anos antes, cando era un pobre traballador dunha fábrica, abandonou a súa amada moza para cumprir os seus soños de prosperidade. Agora volve ao parque onde ambos se atopaban. O Haruna pásase parte do tempo ollando cara o mar, o seu belo rostro está agora cuberto de vendaxes. Non facía moito tempo, ela era unha cantante de pop de éxito e vivía entre shows de televisión e sesión autógrafos.
‘Hana-Bi: Flores de fogo’: Nishi é un axente de policía cuxas emocións van por camiños extremos: ou unha ledicia reservada, ou unha rabia brutal. A súa esposa Miyuki ten leucemia e está a morrer pouco a pouco, o seu mellor amigo e socio, quedouse parapléxico para sempre tras unha emboscada que lle organizaron uns matóns. Nishi quere levar a súa esposa de vacación e financiar o hobby do seu amigo. Para conseguilo, decide atracar un banco…