Abre unha nova discoteca de tarde en Vigo
Nova alternativa para as tardes viguesas. Este sábado 14 inaugúrase Le Soir, unha discoteca pensada para cubrir o oco que este tipo de locais deixan antes da noite. A pesar do seu horario, non é unha discoteca dirixida a un público novo, senón que está centrada no adulto.
Este sábado ás 23:00 inaugúrase Le Soir, nova discoteca viguesa situada na Travesía de Santiago de Vigo, nun dos laterais da igrexa, onde o antigo Hunter. Este día será o único que este local abra as súas portas tan tarde, xa que a súa diferenza respecto aos seus competidores é que abre en horario de tarde, hasta a madrugada: de xoves, venres e sábados de 17:00 a 4:30 e domingos de 17:00 a 2:30.
A pesar de que normalmente as discotecas de tarde están dirixidas para un público adolescente, Le Soir pretende atraer a persoas duns 30 anos para adiante. Este servizo nace, entre outros motivos, para dar unha opción de ocio tras as comidas de empresa ou de amigos. Ademais de polas tardes, o seu horario continúa ata a madrugada, sendo a música distinta según a hora do día: temas máis comercias polas tardes e electrónica ibicenca e bailable polas noites.
Coa apertura de Le Soir bailar e tomar algo cos amigos xa non so se pode facer pola noite, senón que agora á tarde é un momento tan bo como outro calquera. Bo ambiente, música variada e un amplo horario para gozar das noites e das tardes viguesas.