Abertas as inscricións para os concertos e actividades para nenos nos Castelos de Sobroso e Soutomaior
A Deputación de Pontevedra abriu hoxe o prazo para inscribirse nos programas ‘Re-acción nos castelos’ e ‘Música no ar’, que durante os meses de xullo e agosto encherán de música e actividades para os cativos os castelos de Sobroso e Soutomaior.
Este verán os castelos de Sobroso e Soutomaior se encherán de cultura grazas aos programas promovidos pola Deputación de Pontevedra ‘Re-acción nos castelos’ e ‘Música no ar’. Aínda que a participación nestas actividades é gratuíta e necesaria a inscrición previa enviando un correo electrónico a cultura@depo.es. Ademais, todas as accións contarán coas medidas de seguridade pertinentes e protocolos Covid e o uso da máscara será obrigatorio para as persoas asistentes.
Programación:
‘Re-acción nos Castelos’:
- Xoves 23 de xullo ás 22 horas – ‘Noite no Castelo’ e a acción multidisciplinar de música, danza, videoproxeción e instalación artística ‘Zona de límites’. Castelo de Sobroso
- Venres 24 de xullo ás 22 horas – ‘Noite no Castelo’ con ‘As Hurdes’ de Vertixe Sonora, unha acción multidisciplinar música clásico-electrónica, poesía e cinema. Castelo de Soutomaior
- Xoves 30 de xullo entre as 17 e 19 horas – ‘Creando no xardín’, obradoiro dirixido á rapazada, que consiste nunha instalación artística colaborativa. Castelo de Soutomaior.
- Xoves 30 de xullo ás 19:30 horas, terá lugar un concerto dirixido ao público infantil denominado ‘A banda das apertas’. Castelo de Soutomaior.
- Venres 31 de xullo entre as 17:00 e as 19:00 horas – ‘Creando no xardín’, actividade artística de arquitectura dirixida a nenas e nenos. Castelo de Sobroso.
- Xoves 6 de agosto ás 18:00 horas – contacontos ‘Nin príncipes nin princesas’ a cargo de Bea Campos. Castelo de Soutomaior.
- Xoves 6 de agosto ás 19:30 horas – acción de danza contemporánea ‘Conmoveres da Memoria’ da man de ‘Perdomus’, enmarcada en ‘Danza no Castelo’. Castelo de Soutomaior.
- Martes 7 de agosto ás 19:30 – ‘Música no Castelo’ cun concerto de ‘Falúa’. Castelo de Sobroso.
- Mércores 12 de agosto ás 17:30 – contacontos “Nin príncipes nin princesas” con Cristina Collazo. Castelo de Sobroso.
- Xoves 13 de agosto ás 19:30 – ‘Té con Kant’, enmarcada en ‘O teatro ven de visita’. Castelo de Soutomaior.
- Venres 11 de setembro ás 19 horas – ‘Os Quinquilláns’ acción escénica. Castelo de Sobroso.
- Xoves 17 de setembro ás 19 horas – concerto de ‘Vero Rilo & Sonsoles Penadique’. Castelo de Soutomaior.
‘Música no Ar’ (concertos para os que é necesaria a inscrición):
- Martes 28 de xullo ás 19:30 horas – Orquestra Clásica de Vigo. Castelo de Soutomaior.
- Martes 11 de agosto ás 19 horas – Orquestra Filharmónica de Pontevedra. Castelo de Sobroso.
“Música no Ar” (non é necesaria inscrición. Entrada libre ata completar aforo):
- Xoves 30 de xullo ás 21 horas – ‘Son Trío’. Estaleiro de Bueu.
- Mércores 5 de agosto ás 20 horas – Orquestra 430 de Vigo. Praza do Reló da Guarda.
- Xoves 6 de agosto ás 20 horas – Alejo Amoedo & Iria Cuevas. Pazo de Liñares de Lalín.
- Venres 7 de agosto ás 21 horas – Orquestra Clásica de Vigo. Fábrica de Salga do Grove.
- Domingo 9 de agosto ás 20 horas – Orquestra Filharmónica de Pontevedra. Aserradeiro dos Carranos en Covelo.
- Venres 14 de agosto ás 19:30 horas – Concerto da Orquestra Filharmónica de Pontevedra. Mosteiro de Poio.
- Domingo 16 de agosto ás 20 horas – Orquestra Clásica de Vigo. Carballeira de Caldas de Reis.
- Sábado 12 de setembro ás 19 horas – Orquestra 430 de Vigo. Mosteiro de Aciveiro en Forcarei.
- Venres 18 de setembro ás 19 horas – Orquestra 430 de Vigo. Xardíns do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública de Baiona.
- Sábado 19 de setembro ás 19 horas – a Orquestra Clásica de Vigo. Castelo Dona Urraca de Salvaterra.
- Domingo 20 de setembro ás 18 horas – Brais González & Beatriz Arenas. Mosteiro de Carboeiro de Silleda.
- Sábado 26 de setembro ás 18 horas – Concerto da Orquestra Filharmónica de Pontevedra. Praza do Concello de Agolada.