CAMELIAS MASCOTAS

A Xunta celebra no Tinglado do Porto o seu Nadal particular

Obradoiros infantís, concertos, casetas de ONGs e un Belén inspirado no Camiño de Santiago son algunhas das cousas que atoparemos do 16 de decembro ao 4 de xaneiro no Tinglado do Porto de Vigo, un Nadal alternativo organizado pola Xunta de Galicia.

Talleres, teatro, concertos e actuacións de bandas, rondallas e corais completan unha programación coa que o Goberno galego busca “traballar coa sociedade civil, con entidades solidarias, fomentar accións participativas de ambiente familiar e colaborar en positivo coa cidade”. Desta forma, ao longo de tres semanas o Tinglado será un fervedoiro de actividades de todo tipo, con case un centenar de opcións.

Comezando polas 23 ONGs que estarán presentes nesta feira, atopamos a APAM, Aspanaex, San Rafael, San Francisco, Igualarte, Down Vigo, Alento, Cáritas, o Comedor da Esperanza, as Misioneras do Silencio, AFAN, Afaga, Asdegal, a Fundación Balms, Fundega, Discamino, Bicos de Papel, Asanog, Fundación Stop, Vida Digna, Asociación de Xordos de Vigo, Ayuvi e Red Madre, estas últimas non exentas de polémica.

REVISTA NOVEMBRO

O apartado da animación corresponderalle á Federación de Bandas de Música Populares de Vigo e Asociacións de Corais Polifónicas, rondallas e agrupacións teatrais da cidade. Estarán presentes, alumnos da Escola de Arte Dramático, o coro infantil da Fundación Mayeusis e do Colexio Montecastelo, a Coral Casablanca e os Bolechas. Asemade, grupos locais e de jazz encargaranse de amenizar no horario ampliado ata as 00.00 horas as noites dos sábados e domingos. Por último, o Celta de Vigo traerá xogadores do equipo de primeira división e do equipo Integra, formado por deportistas con discapacidade (gañadores este ano da Copa de España), cos que os visitantes poderán compartir momentos e pedirlles autógrafos.

Haberá disposto un poboado de Nadal e unha gran caseta onde o Paxe real recollerá as cartas dos máis pequenos da casa. Un espazo que completarán o clásico carrusel e grandes figuras representando aos Reis Magos e ao tradicional moneco de neve. En canto ao belén, será un dos aspectos máis chamativos desta proposta, xa que que en 60 metros cadrados amosará preto de 500 pezas articuladas, sempre co Camiño de Santiago como protagonista.

Haberá casetas para garrapiñadas ou castañeiras tradicionais e un grupo de foodtrucks, entre os que participan: Pescanova, Frutas Nieves, La Joaquina e La Pepita. Todas elas contribuirán a este Nadal Solidario doando parte da recadación ás ONGs.

(GMT+01:00) Tinglado del Puerto de Vigo