A Semana Azul inunda Vigo de actividades marítimas
Co obxectivo de dar a coñecer a gran diversidade de actividades náuticas que ofrece a ría de Vigo, un ano máis, desde a Asociación Ría de Vigo de Entidades Náuticas (ARIVEN) ofrecen un amplo programa de actividades relacionadas co mar que se celebrarán desde o 30 de maio ao 5 de xuño de 2022.
A Semana Azul inclúe diversas actividades que abarcan desde a práctica de deportes náuticos como vela, kaiak, surf ou remo; xornadas técnicas ou de divulgación e actividades turísticas e recreativas como un cruceiro á tardiña, roteiros de turismo mariñeiro ou unha showcooking class. Todas elas son de balde, mais precisan de inscrición previa na seguinte ligazón.
No apartado de turismo, por exemplo, atopamos propostas tan interesantes como coñecer a Ruta Xacobea ou a Ruta do Mexillón da man de Bluscus ou visitas guiadas ao veleiro escola Peregrina ou ao Hidra II, con taller de nós e xornada de pesca. Tampouco ten mala pinta un paseo pola ría durante o solpor nun dos barcos da Naviera Nabia.