CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Gastronomía, música, actividades marítimas e embarcacións históricas no Festival Iacobus Maris

O III Festival Iacobus Maris Experience volve á dársena Portocultura de Vigo do 24 ao 28 de xullo cunha oferta gastronómica, musical e deportiva que se complementa coa presenza de numerosas embarcacións tradicionais.

Rapaza tocando a guitarra a bordo da goleta Evangelina | L. Alonso

A dársena de Portocultura, a dedicada aos buques históricos no Porto de Vigo, foi un ano máis o escenario da presentación da terceira edición do festival Iacobus Maris Experience. Este verán o evento contará coa presenza de numerosas embarcacións, entre grandes veleiros e tradicionais, que ofrecerán un vistoso espectáculo ao público.

Por terceiro ano, a Fundación Traslatio, co patrocinio de Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra, así como a colaboración do Porto de Vigo e outras entidades e asociacións, organiza este ano o festival Iacobus Maris Experience que, do 24 ao 28 de xullo, acollerá numerosas actividades e talleres, acompañados por un espazo gastronómico de cociña do mar e música en directo para toda a familia.

Algunhas das novidades desta edición son a participación do veleiro escola da Armada de Uruguai, Capitán Miranda; a réplica de fragata do século XVIII con bandeira de Illas Cook, Shtandart; a carabela portuguesa Beira Cruz; a goleta de 1912 Evangelina; os barcos de vapor Hidria Segundo e San Esteban; así como varias embarcacións da Asociación de Mariñeiros Tradicionais de Bouzas, como un racú ou un galeón.

Foto cedida

Actividades marítimas

  • Visitas a barcos e Nautilus: de 10 a 13h e de 16 a 20h (por confirmar)
  • Saídas en goleta Evangelina (2h): días 24, 25, 26 e 28 ás 12:30; 16:30 e
    19:30.
  • Obra de teatro no Hidria Segundo para nenos o venres 26 ás 18:30.
  • Taller de pintura facial para nenos (por confirmar día).
  • Saídas en barcos da Asociación de Mariñeiros Artesanais de Bouzas (galeón, trainerilla de dous mastros, racú)

Sons do porto

Outro dos elementos característicos deste evento é a música. Este ano increméntase a oferta musical coa seguinte programación:

  • Concertos de Los Naipes o mércores 24, Quién se queda con los niños o xoves 25 e Dr. Summer o venres 26 entre as 21:00 e as 23:00 (horarios por concretar)
  • Concurso musical da man do programa de radio galega Ondas Indies. Dúas bandas tocarán o mércores 25 e outras dúas o venres 26 (entre as 19:00 e 21:00)
  • Festival de DJ o sábado 27 desde as 16:00.

Gastronomía

Como novidade, este ano trasládase a localización do village de restauración á zona do edificio de Portocultura, á beira do observatorio Nautilus, para concentrar todos os elementos (barcos, música e gastronomía) nesa zona. Poñeranse en valor alimentos do mar e produtos galegos.

SONRIAS

A ruta Iacobus Maris conmemora a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago desde o porto de Jaffa (antiga provincia do imperio romano situada en Palestina) ata Santiago de Compostela, atravesando o Mare Nostrum de Oriente a Poñente e seguindo rumbo norte ata Galicia. Actualmente é a peregrinación marítima Xacobea máis longa da historia.