BANNER XERAIS

A Ría de Vigo, protagonista un ano máis do Festival Azul

Co obxetivo de achegar o mar e as actividades náuticas a toda a cidadanía, o Clúster Náutico Ría de Vigo lanza a quinta edición do Festival Azul. Un evento que ofrece un amplo programa de actividades deportivas, culturais e gastronómicas que se celebrarán do 22 ao 25 de maio. Preme aquí para descargar o programa completo do festival.

Ría de Vigo | P. Vázquez

Do 22 ao 25 de maio, os asistentes ao Festival Azul poderán gozar de todo tipo de experiencias únicas na Ría de Vigo: destacan actividades de iniciación ao surf, vela e piragüismo, paseos en barco pola ría, visitas a embarcacións tradicionais, rutas interpretativas, obradoiros divulgativos sobre biodiversidadw mariña e sesións de alfabetización oceánica orientadas a escolares. Tamén se ofrecerán actividades de mergullo, pádel surf, wakeboard, exposicións, showcookings con produtos locais e encontros con profesionais do sector marítimo e pesqueiro. A programación inclúe propostas especialmente deseñadas para centros escolares e asociacións, como parte do compromiso do festival coa formación e a sensibilización dos máis novos. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en acudir a algunha das actividades poden preinscribirse xa cubrindo o formulario en liña.

A maiores, este ano a organización do festival lanza o primeiro Concurso de Fotografía do Festival Azul, co que queren que os participantes capturen a esencia mariña da nosa ría: a súa cultura, a súa biodiversidade, a súa vida náutica e todo o que a fai única. As persoas interesadas en participar deben compartir as imaxes en Instagram, etiquetando a @clusternautico.riasbaixas e utilizando o hashtag #FestivalAzul2025. Haberá un primeiro premio en metálico (150  €), e dous premios de caixas regalo de ANFACO e camisetas exclusivas do Festival. O prazo para participar remata o 24 de maio e nesta ligazón poden consultarse todas as bases: Bases do Concurso

ACTIVIDADES NÁUTICO RECREATIVAS

Bautismo de Vela (Real Club Náutico de Vigo)
Regata Festival Azul – síguela embarcad@ (Real Club Náutico de Vigo e Naviera Nabia)
Bautismo de Surf (Prado Surf) – Próximamente estará habilitada a ligazón
Exposición e probas de tablas eFoil (Wake&Dive)
Paddle Surf Vigo (Surf Vigo)
Paddle Surf Pilates (Surf Vigo)
Obradoiro Dragon Boat (Club Olívico de Piragüismo)

ACTIVIDADES TURÍSTICAS E GASTRONÓMICAS

Cruceiro pola Ría de Vigo – Ruta do Mexillón (Naviera Nabia)
Cruceiro pola Ría de Vigo – Ruta do pulpo (Naviera Nabia)
Showcooking: Pablo Rodríguez
Roteiro das artes de pesca e bateas de mexillóns con degustación (Bluscus)
Atardecer en Goleta pola Ría de Vigo (Bluscus)

ACTIVIDADES EDUCATIVAS E CULTURAIS

Obradoiro «Mergullando no Nautilus» (Mergullo Breogán Buceo e 13Grados)
Visita ao Hidria Segundo (Fundación Traslatio)
Obradoiro de embarcacións tradicionais (Cabo do Mar)
Obradoiro de identificación de Algas (Surf Vigo)
Safari de snorkel nas Illas Cíes (Mergullo Breogán e 13Grados)

REVISTA MAIO

Organizado pola Asociación Clúster Náutico Rías Baixas, o evento conta co apoio da Consellería do Mar, a Secretaría Xeral de Deporte, a Deputación de Pontevedra, a Autoridade Portuaria de Vigo e Abanca, coa colaboración especial de Gadis e Anfaco. Ademais da la participación activa dunha ampla rede de entidades do sector náutico e marítimo: Real Club Náutico de Vigo, Fundación Traslatio, Bluscus, Prado Surf, Federación Galega de Piragüismo, Naviera Nabia, Surf Vigo, CEMMA, Wake & Dive, Mergullo, 13 Grados, Cabo do Mar, Club Olívico y la Asociación de Redeiras O Cerco de Cangas, entre outras