UVIGO
FILLOAS

A literatura de (e sobre) Xela Arias

Aínda que calquera momento do ano é un bo momento para ler aos nosos autores e autoras, que mellor día que o das nosas letras, o 17 de maio, para mergullarnos na obra dunha poeta ousada e creativa como Xela Arias. Ademais da súa bibliografía, tamén existe unha ampla variedade de libros sobre a súa figura, un complemento perfecto á súa creación literaria.

Cadernos Ramón Piñeiro XLIV. Homenxa a Xela Arias. Unha publicación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades que recompilará ensaios de varios autores e autoras arredor da poeta.

Non te amola!. Un libro inédito de Xela Arias. A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara aos nosos días. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Un acontecemento literario que se abeira, ademais, ao traballo dunha grande ilustradora como Luz Beloso. Editado por Galaxia.

Intempestiva. Biografía (literaria) de Xela Arias. Da man da profesora e crítica literaria Montse Pena Presas. A obra, percorre a vida e a obra da autora homenaxeada, ambas as dúas marcadas pola heterodoxia dunha muller que non desexaba ser categorizada en corrente ou escola ningunha. Editado por Galaxia.

Denuncia do equilibrio (1986), primeiro poemario da autora, unha obra a contracorrente da poesía actual daquel momento, unha obra rabiosamente contemporánea que dá conta do arrebato dunha voz nova, independente, radicalmente propia, que se pon en marcha cunha enorme forza simbólica. Editado por Xerais.

Darío a diario, un libro valente, que reflexiona e desmitifica a maternidade, reescrito desde unha inha perspectiva de xénero e tomando como base o diálogo co seu fillo Darío, desde a intención confesa de compartir os seus versos con outras mulleres. Editado por Xerais.

Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias (2021), por Yolanda Castaño, encargada de achegar a vida da autora e de amosar como, xa desde a infancia dunha nena escritora, se albiscan os valores que guiarán o seu camiño. Editado por Xerais.

Poesía reunida (1982-2004), un volume que dá conta da obra poética de Xela Arias para contribuír á difusión e coñecemento dunha autora para quen a poesía era “un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada”. Con edición, introdución e notas de María Xesús Nogueira en Xerais.

CAMELIAS NADAL

Tigres coma cabalos. Reedición do poemario publicado orixinalmente en 1990 que xa daquelas se presentou en formato libro e expositivo. Actualmente pode gozarse da mostra no Museo do Mar.