CAMELIAS MASCOTAS

A Carabela Pinta volverá arribar en Baiona do 4 ao 6 de marzo

O Concello de Baiona anuncia que celebrerá a festa da Arribada do 4 ao 6 de marzo e anticipa medidas especiais, como a dispersión dos postos de artesanía e comida ou a instalación de zonas específicas para as consumicións. Ademais elimina os espectáculos con animais.


O pobo de Baiona foi o primeiro de Europa en ter noticia do avistamento de América e máis de 500 anos despois conmemórao ao grande cunha festa multitudinaria declarada de Interese Turístico Internacional. A primeira fin de semana de marzo cabaleiros, zancudos, artesáns de todos os gremios, zíngaras que len as liñas das mans, mesoneros e miles de personaxes vestidos de época trasladan á vila máis de 500 anos atrás.

REVISTA NOVEMBRO

Debido a pandemia, o Concello da vila viuse obrigado a cancelar a edición de 2021, algo que nunca sucedera desde 1995, ano no que comezou a celebrarse. Se a situación non empeora, teñen previsto celebrar a súa festa máis importante neste ano, no que se cumpre o 529ª aniversario da chegada da Carabela Pinta. Manteñen a data tradicional, a primeira fin de semana de marzo, que en 2022 cae en 4, 5 y 6 do terceiro mes.

A situación sanitaria obriga a realizar algúns cambios respecto a pasadas edicións. O mercado cambiará de lugar e buscaranse rúas máis amplas e cómodas para expoñer os produtos de venda, co fin de facilitar a circulación entre as persoas asistentes e evitar aglomeracións. Outro cambio é a prohibición de beber e comer na barra dos postos e habilitaranse espazos específicos para consumir. Así mesmo, retiraranse da programación da festa os espectáculos con animais.

Xunto co anuncio das datas, o Concello abre o proceso de selección dos postos de artesanía e comida que se instalarán na Arribada. en total hai dispoñibles 70 espazos. O prazo para solicitar un está aberto ata o 11 de febreiro. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario e a declaración responsable dispoñibles na sede electrónica do Concello de Baiona.