Un verán de teatro co campamento de Imaxinatea

En Imaxinatea Lab Creativo, o teatro é unha ferramenta de expresión, de crecemento persoal e de encontro. Este verán, ofrecen propostas formativas adaptadas a todas as idades e niveis, cun enfoque práctico, lúdico e profundamente transformador.
O Campamento Teatral de Verán é unha porta de entrada ao mundo do teatro. A través do xogo, a expresión corporal e técnicas de improvisación, as nenas e nenos de 6 a 14 anos descubrirán a súa capacidade creativa, fortalecerán a súa autoestima e mellorarán a comunicación en grupo. Durante as sesións traballarase a voz, o corpo, a escoita, a espontaneidade e a construción de personaxes. Cada semana rematará cunha pequena mostra escénica.

Resumo
A través do xogo, a expresión corporal e técnicas de improvisación, a rapazada descubrirá a súa capacidade creativa, fortalecerá a autoestima e mellorará a comunicación en grupo.
Datas: 30 de xuño a 11 de xullo
Horario: 10:30 h a 13:00 h
Idade: 6 a 14 anos
Prezo: 135,00 € unha semana / 216,00 € dúas semanas
Enderezo: Praza Francisco Fernández del Riego, 3 local 5C