REVISTA MARZO

Novidades musicais viguesas do primeiro trimestre de 2025

Este inicio de ano trae, como sempre por estes lares, moita e moi boa música. Funk, postpunk, indie, pop, trap, rock, hyperpop… Case non hai estilo que non vaiamos atopar nesta selección de novidades musicais viguesas. Para máis novas sobra a escena local, preme aquí.

Eladio y los Seres Queridos xunto a Depedro | María Pol

‘Hermano’ é o segundo sinxelo de Tangomango, sexteto local de soul e funk con Toño López (The Soul Jacket, Blacksetereo) á voz. Para lanzar o seu primeiro disco están a realizar unha campaña de micromecenado na que podes colaborar premendo aquí.

Vimbio, a banda de liderada polo ex Sondarúa Álex Arnoso que mestura rock e rap, comezouo ano satirizando sobre a falta de ganas de traballar e cotizar co lanzamento do seu novo tema ‘Eu Non Quero Traballar’. O grupo recolle a letra extraída dunha cantiga popular galega para reeditala baixo o seu propio estilo.

Novo grupo de postrock e post metal formado por membros das bandas Nazca, 2Sisters e Ex Hedera.En xaneiro publicaron un EP de tres temas baixo o título  L’appel du vide. Neste vídeo temos unha boa mostra do seu son, gravado en directo en EC Estudios de Lugo,

Un dos grupos máis recentes de Vigo, que aposta pola escuridade do postpunk con pinceladas de pop e electrónica. Tras este proxecto están Iago de Miguel e Nico Ariztía, ambos excomponentes dunha antiga banda de grunge local chamada Vicious View.

A mediados de xaneiro o músico urbano KYOTTO publicou, ‘¿Qué sabes de mí?’, unha canción romántica de aire synthpop. O pasado mes de xaneiro o vigués estivo de xira por varias cidades de América Latina, como Bos Aires, Cidade de México, Monterrey e Guadalajara.

O vigués continúa a debullar pouco a pouco o seu novo traballo. En xaneiro presentou ‘Me equivoqué’, un tema cargadohonestidade, ritmo e cun retrouso ben pegañento. Xa en marzo foi a quenda de ‘Diría que estaría bueno’, máis sosegada e nostálxica.

Están a ser uns meses bos para a cantautora do Bierzo afincada en Vigo. Tras fichar polo selo local Esmerarte, nestes dous últimos meses publicou dous adiantos do seu seguinte traballo: ‘Ficción’ e ‘La calma’. Indie pop melódico que marca o camiño que seguirá o seu primeiro disco El día que descubrí el lunar de tu oreja.

O trío de cosmic blues formado por Gabriel McKenzie, Mauro Comesaña e David Rodd publica ao longo deste mes o seu segundo disco, onde continúan a explorar todas as posibilidades do rock setenteiro, blues e psicodelia. ‘Twelve Labors’, de aires zeppelianos, é o último adianto antes da saída de Trouble in Time.

Malia que hai quen leva décadas dicindo que o rock está morto, non deixan de saír boas bandas deste xénero da nosa cidade. Quizais o último exemplo sexa The Blow Up’s, un power trio de curta idade pero moitos decibelios que veñen de publicar o seu primeiro EP Nowhere Generation.

En febreiro Álex Cassen publicou o seu primeiro EP Las cartas sobre la mesa. Sete cancións que mesturan pop, reguetón, dancehardcore ou techno coa electrónica como fío condutor.

‘Merdeiros’ é o segundo sinxelo adianto do que será o novo traballo de estudo de Michu da Rocha, un tema con gran potencia sonora e ambiental no que o artista vigués rinde homenaxe á figura tradicional do entroido da cidade olívica, retratando as súas orixes, costumes vestimentas e criticando a súa desaparición coa chegada da industrialización.

Conexión Burdeos – O Morrazo da man de Sara Gimeno, que gañou o 1º Premio do Xuventude Crea 2024 na modalidade de música. Un tema nostálxico de R&B que fala sobre a cidade que acolleu a autora durante o seu Erasmus.

‘Anticuerpos’ é o primeiro adianto do disco realizado man a man entre o vigués Israel Ruíz (Indy Tumbita) e Manu Gastado. O resto da banda está formado por outros coñecidos músicos vigueses como Littos de Inerttes, Rubén Suárez de Family Folks ou Xabier Viéitez de The Soul Jacket.

O artista de Coruxo conseguiu canalizar a súa paixón pola cultura pop e a música no seu novo álbum súbete ao EVA, que nos fará bailar, rir e sentir nostalxia a partes iguais. Preme aquí para ver a entrevista en vídeo que lle fixemos para Instagram.

O trío de rock alternativo publica o seu segundo tema ‘Afogado’, baseado no poema ‘Noiturnio do adoescente morto’ de Federico García Lorca.

Primeiro sinxelo de B.S.O. 2005-2025, o novo disco de Eladio y los Seres Queridos que repasa os vinte anos de vida dunha das bandas locais máis coñecidas. Nesta ocasión, xunto a Depedro, regravan o tema ‘Medidas desesperadas’ do disco Esto que tienes delante (2007), cando o grupo aínda se chamaba Elodio y los Seres Queridos. O último disco da banda, Academia, publicouse en 2020.

Exeria combinan xéneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula, todo aderezado con letras en galego.

Pouco despois de anunciar que Erika Lewis, unha das fundadoras de Broken Peach, abandonaba o grupo, os vigueses publicaban un novo vídeo estreándose como sexteto.

Novo proxecto liderador por Pablo Corbillón, músico inquieto ao que tamén atopamos en bandas como Carne Blanca, Columna Vegana, Buzkashi e Samba Fuego. Nesta ocasión propón a súa versión máis folkie e acústica.

O pasado 21 de febreiro a banda Antifrágil lanzou o EP MÁSCARAS, unha colección de cinco cancións que marca a súa última etapa creativa e que agora se consolidan baixo un concepto unificado.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Xornalista cultural, fotógrafo e musiqueiro. E vigués. Director de tres documentais e coautor de Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século.