VIALIA
HEAVY LUNGS

Festival Kerouac, Feira Vegana e Sergio Dalma esta fin de semana en Vigo

Poesía da man do festival Kerouac, activismo coa Feira Vegana.gal e música a cargo de Sergio Dalma, De Vacas e Adrian Timms; son algúns dos mellores plans que nos ofrece esta fin de semana a cidade de Vigo. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

FESTIVAL KEROUAC – De xoves a sábado en varias ubicacións – De balde / 10,00€

A poesía volve encher varios espazos da cidade na 14ª edición do Festival Kerouac que entre o 24 e o 26 de outubro trae a Vigo a poetas como Ana María Caballero, Elisa Scarpa ou Xiana Arias; tamén estará recitando versos a viguesa María Xosé Queizán. Os espazos onde terá lugar son a Escola Oficial de Idiomas, a marquesina exterior de El Corte Inglés e o Museo Marco.

FESTIVAL AZUL – De xoves a domingo en varias ubicacións – Varios prezos

Chega a Vigo o Festival Azul, unha evolución da coñecida Semana Azul celebrada en anos anteriores. Desde o Clúster Náutico Rías Baixas, organizadores do evento, sinalan que quixeron concentrar as actividades en catro días co obxectivo de ofrecer un programa máis dinámico e accesible para todo tipo de públicos. O evento ofrece unha ampla variedade de actividades para todas as idades e gustos. O público poderá gozar de deportes náuticos como vela, surf, piragüismo, pádel surf e motonáutica. Ademais, ofrécense rutas turísticas pola Ría de Vigo, showcookings con produtos da ría, e talleres educativos e culturais relacionados coa vida mariña e a historia local. 

MAGOSTO AS DA INDUSTRIA – Venres desde as 18:00 na Praza da Industria – De balde

Tras adialo o pasado venres por mor da chuvia, chega á Praza de Eduardo Fadrique o Magosto organizado pola Asociación As da Industria coas actuacións de Sonsolos Penadique (espectáculo infantil, 18:00) e Ardora (concerto acústico, 20:00).

DE VACAS – Venres ás 21:00 no Cine Teatro Salesianos – De balde

Entre o 22 e 25 deste mes a concellería de Igualdade organiza a segunda edición de Vigofem, un proxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres. O venres 25 actuarán na Porta do Sol o coñecido grupo De Vacas. Se a climatoloxía non acompaña o concerto trasladarase ao Teatro Salesianos.

JAMBALAYA WKND – Venres e sábado ás 21:30 na Casa de Arriba – Desde 10,00 €

Un dos locais máis senlleiros da nosa cidade, A Casa de Arriba, fai 25 anos este mes de outubro. Para celebralo, a maiores das jams de jazz e blues e demais concertos nas fins de semana, organizan un pequeno festival de folk americano e blues os días 25 e 26 baixo o nome deste saboroso prato típico da cociña cajún: Jambalaya Wknd. Unha atractiva proposta de artistas locais, galegos e estatais que beben da música de raíz norteamericana. O venres actúan Sanny e Double M e mais Néstor Pardo; e o sábado The Blues Moonshiners e Félix Slim.

VEGANA.GAL – Sábado e domingo no IFEVI – Desde 5,00€

A cuarta edición da feira Vegana.gal celébrase os días 26 e 27 de outubro no IFEVI, cun programa cheo de actividades que abrangue desde o activismo e a gastronomía, ata espazos especializados na infancia e unha zona B2B para profesionais. Este evento anual consolídase como o principal encontro vegano en Galicia, reunindo proxectos sostibles e emprendedores que promoven un estilo de vida respectuoso cos animais e co planeta.

DOBRE CONCERTO OV430 – Sábado ás 20:00 e domingo ás 12:00 no Salón Rexio da Sede do RC Celta – Desde 5,00 €

A Orquestra Vigo 430 despídese da tempada 2023/24, titulada «Orixes», con dous concertos de cámara no Salón Regio da Sede do R.C. Celta o 26 e 27 de outubro e anuncian que en 2025 teñen preparada unha potente programación para celebrar o vinte aniversario da agrupación. As protagonistas destes concertos son a violonchelista Li La e a violinista Nadia Kalmykova, que estará acompañadas polos pianistas Brenda Vidal e Brais González, respectivamente.

ADRIAN TIMMS – Sábado ás 21:00 en Radar – Desde 10,00 €

O cantante e multiinstrumentista Adrian Timms volve ao Radar para estrear en Vigo o seu novo proxecto. Última oportunidade para escoitar os adiantos do seu próximo disco, antes de encerrarse no estudo. Defende as súas cancións de pop-alternativo cun show en solitario, moderno e atípico, no que recrea a forza dunha banda completa sumando numerosas capas de sons en rigoroso directo.

SERGIO DALMA – Sábado ás 21:00 no Mar de Vigo – Desde 51,00 €

REVISTA OUTUBRO

Coñecido pola súa voz suave e melódica, Dalma comezou a súa carreira musical a finais dos anos 80 e desde entón non parou de cosechar éxitos. A súa música, que a miúdo se describe como unha mestura de pop e baladas románticas, ten influencias da música italiana. Dalma vendeu máis de 4 millóns de copias dos seus álbums a lo largo da súa carreira.

MADAMA BUTTERFLY – Domingo ás 19:00 no Teatro García Barbón – Desde 21,00 €

Madama Butterfly é unha ópera composta por Giacomo Puccini acompañada do libreto en italiano por Giuseppe Giacosa e Luigi Illica que se estreou o 17 de febreiro de 1904 na Scala de Milán. A narración está inspirada na obra teatral Madama Butterfly: Unha traxedia xaponesa (1900) de David Belasco que á vez está inspirada no conto Madame Butterfly (1898) de John Luther Long. A estrea da ópera en 1904, nun principio, recibiu o rexeitamento do público. Con todo, Puccini elaborou varias revisións posteriores ata dar co éxito da presentación da súa versión definitiva en 1907, a cal se coñece como a “versión estándar” da ópera, a máis representada habitualmente no mundo.