CAMELIAS MASCOTAS

O SonRías Baixas suma dous novos artistas e desvela a distribución por días

A falta de menos dun mes para a súa celebración, o festival SonRías Baixas desvelou as últimas novidades do seu cartel, distribuído durante os próximos 1, 2 e 3 de agosto en Bueu. Podes mercar aquí as túas entradas.

Edición pasada do SonRías Baixas | Rocío Cibes

As últimas dúas novidades incorporadas ao cartel son Marlena e Grande Amore, sendo ambas as formacións os protagonistas da tradicional Sesión Vermú que ten lugar ao mediodía da última xornada (este ano, o sábado 3 de agosto). O dúo formado por Ana e Carolina chega ao recinto de As Lagoas despois de converterse nunhas das bandas revelación da tempada grazas ao seu pop fresco e que conta historias cotiás de amor e desamor. No seu repertorio non faltarán hits coñecidos xa por todos como “Amor de verano”, “Me sabe mal” ou “bailamorena”.  

Pola súa banda, Grande Amore volven tras poñer patas arriba o seu escenario e ao público  na súa actuación da pasada edición. Rabia e hastío que converten en himnos coreables e cun selo único que aborda desde os sintetizadores ao back metal, o punk ou o rock industrial, nun resultado totalmente xenuíno e inclasificable. 

REVISTA NOVEMBRO
Grande Amore no EmigraSon | P. Vázquez

Os abonos xerais e as entradas de día continúan dispoñibles desde a web do festival e a través de Enterticket.es. Como xa ocorreu na edición anterior, o 31 de xullo terá lugar a festa de benvida no recinto e tamén se abrirá a zona de acampada, que este ano trae como novidade a posbilidade de acceso á mesma para as persoas que adquiran a entrada dun só día e non só para os compradores do abono completo. 

Ademais, e tal e como se fixo o ano pasado, unha vez presentada a programación completa, as 200 primeiras persoas máis rápidas que sexan usuarias do Carné Xove da Xunta de Galicia poderán optar a un 15% de desconto nos seus abonos. 

A distribución de artistas que participarán na 21ª edición do festival galego queda da seguinte maneira: