Niño de Elche, ‘Síbaris’ e Noites Astronómicas esta fin de semana en Vigo
Decálogo de plans en Vigo, para desfrutar tanto a cuberto como ao aire libre de música, teatro, deporte, observación de estrelas e ata un bingo drag king. Preme no título de cada actividade para obter máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
PAULO PASCUAL – Venres ás 21:30 na Casa de Arriba – 5,00€
O músico vigués, exmembro de Camarada Nimoy e Foggy Mental Breakdown, realizará un concerto en solitario de música electrónica co theremin, instrumento do que é todo un experto.
MONÓLOGO DE DANIEL FEZ – Venres ás 22:30 no Teatro García Barbón – Desde 18,00 €
Daniel Fes considérase un influencer regulinchi. No seu espectáculo ‘La vida regulinchi’, poderedes escoitar de primeira man como é a súa vida de influencer. Un monólogo fresco, con moita interacción co público e cheo de historias regulinchis.
CONCERTO DE NIÑO DE ELCHE – Sábado ás 21:00 no Auditorio Mar de Vigo – Desde 22,00 €
A quinta edición do festival Terraceo contará coa actuación de Niño de Elche, cantante que fusiona flamenco con diversos xéneros musicais e outras expresións artísticas como o teatro, a poesía e o audivisual. O concerto terá lugar no hall do auditorio por mor das inclemencias meteorolóxicas.
CONCERTO DE LOS MORTYMER E LOS RETUMBES – Sábado ás 21:00 na Sala Kominsky – 12,00 €
Los Mortymer son un power trio vigués que ofrece un rock divertido e bailable que bebe do garage, rock, punk, surf…O dúo procedente de Barakaldo, Retumbes presentan ‘Y de postre, Komtessa‘ (Family Spree Recordings, 2023), no que demostran o seu habitual poderío para mesturar o punk, o garage ou o rock and roll.
TEATRO SÍBARIS – Sábado ás 21:00 no Auditorio do Concello – Desde 8,00 €
Representación de Síbaris, a primeira obra teatral do desaparecido escritor Domingo Villar. Vigo, cidade natal do autor recoñecido co título de Vigués Distinguido, pecha a xira galega da compañía de teatro Condetrespés.
Concerto de dúas bandas locais. Zålomon Grass é unha banda de Rock&Roll setenteiro que bebe do blues e da psicodelia por partes iguais,
NOITES ASTRONÓMICAS – Sábado ás 22:30 en VigoNature – 6,00 €
Programa de actividades relacionadas coa astronomía e coa observación do ceo durante a noite, que se repetirá 15 veces durante os meses de xuño, xullo e agosto.
MARCHA SOLIDARIA 700 CAMISETAS CONTRA A LEUCEMIA – Domingo ás 7:30 desde Vialia – 20,00 €
15ª edición desta marcha ininterrompida, non competitiva e de carácter social. O percorrido son 35 km con saída na estación de Vigo e chegada na Praza da Peregrina de Pontevedra. As inscricións xa están pechadas.
CONCERTO DE MEIZOI – Domingo ás 12:30 no Lar das Artes – De balde
Grupo con repertorio de temas propios de indie-pop en galego con 6 compoñentes… voz, sección rítmica e sección de ventos. O Lar das Artes conta con carta para quedar a comer, na que destaca o churrasco e os polos á grella. É boa idea reservar mesa.
BINGO PARA SEÑORAS – Domingo ás 19:00 na Sala Kominsky – Desde 5,00 €
Actividade encadrada dentro dos actos do Orgullo Crítico LGBT+ e organizada polo Festival Drag King que busca recadar fondos para as súas actividades e gala do mes de xullo. As papeletas poden comprarse no propio evento.