UVIGO
FILLOAS

'Síbaris' de Domingo Villar

08xuñ21:00'Síbaris' de Domingo VillarESPECTÁCULOS | Desde 8,00€21:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O Auditorio Municipal acollerá ás 21.00 horas do sábado 8 de xuño a representación de “Síbaris”, a primeira obra teatral do desaparecido escritor Domingo Villar. Vigo, cidade natal do autor recoñecido co título de Vigués Distinguido, pecha a xira galega da compañía de teatro Condetrespés.

As entradas saen á venda o martes 21 de maio ás 9:00

Neste artigo de setembro de 2023, o actor Carlos Blanco lamentábase durante a presentación da obra de que o Concello de Vigo “non quixese apoiar este proxecto”.

Sinopse:

Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.

Laura, a súa muller, anímao a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo.

A vida dos Morel semella afundir no desconsolo, cando Laura atopa unha saída.

Ficha artística e técnica:

Elenco: Carlos Blanco Vila, María Belén Martínez Constenla, Oswaldo Digón Alba, Pablo Novoa Cid. 
Dirección: Lois Blanco Araúxo.
Deseño de luz: Daniel Rodríguez Juncal.
Escenografía: Marta Villar Sanjurjo.
Música: Pablo Novoa Cid.

Duración: 95 minutos

Entradas

Máis

Hora

8 xuño, 2024 21:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events