CAMELIAS MASCOTAS

Cervexa artesá, primeiros actos da Reconquista, música e teatro esta fin de semana en Vigo

Como cada xoves traemos unha selección con algúns dos plans máis interesantes da fin de semana: concertos, teatro, monólogos, festas gastronómicas… Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Birraseto Fest | P. Vázquez

A RECONQUISTA – Desde o sábado ás 13:00 no Casco Vello – De balde

A festa popular máis importante da cidade, a Reconquista, comeza esta fin de semana coa invasión das tropas Napoleónicas á vila de Vigo e coa Reconquistiña. Este ano, por mor da Semana Santa, hai que agardar unha semana máis para a chegada do mercado e da representación principal.

BIRRASETO FEST – Desde o venres ás 12:00 no Náutico – De balde

Volve o Birraseto, a feira da cervexa artesá de Vigo. Esta V edición ten lugar do 22 ao 31 de marzo na explanda do Náutico, de 12:00 a 00:00. Haberá catas, concertos, foodtrucks, obradoiros e xogos para os máis pequenos.

O Swing On WIC.end é unha fin de semana cheo de música e baile swing. No WIC.end celébrase o jazz, o lindy hop,  o solsticio de primavera e a calor da comunidade swing.

Presentación dos libros ‘Ruptura y reparación de la máquina’ de Itxi Guerra e ‘Betadine’ de O Rabelo. Tamén se presentará o disco ‘Silva’ cunha pequena actuación acústica.

II MERCADILLO MONK – Sábado desde ás 17:00 no Munk Pub – De balde

Mercado artesán desde as 17:00  nun local dos de antes, onde a xente volve coñecerse e relacionarse a golpe de pintas e música. Cunha marcada estética ligada o folklore dos pub irlandeses, o Monk é un lugar tranquilo onde priman as relacións humanas, os whiskeys, a cervexa e neste caso a artesanía.

Concerto da Orquestra Barroca Vigo 430 con Beatriz Arenas como soprano e con Sophie de Bardonnèche como directora e solista. Interpretaránse obras de Vivaldi, Albinoni e Galuppi. A afinación a 430 Hz ten como obxectivo principal dotar á cidade dunha formación orquestral profesional propia, constituída na súa maior parte polos máis brillantes expoñentes das novas xeracións de músicos galegos, así como por destacados músicos freelance do resto de España e do estranxeiro. Esta combinación entre o talento propio e a aportación foránea é unha característica que este proxecto considera esencial para a obtención do resultado artístico que se marca como obxectivo.

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebra este sábado A Homenaxe da Buxaina no teatro Afundación de Vigo. Trátase dun acto anual que A Buxaina organiza en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC) e que ten como obxectivo principal dar a coñecer a aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais. Trátase, xa que logo, de apreciar a quen soubo atesourar a identidade do noso pobo.

CONCERTO DE RAPOSA, GLORIA PAVÍA E RAFA MORALES – Sábado ás 18:00 na Fundación Sales – 10,00€

A Fundación Sales é un lugar máxico de Vigo, un xardín botánico que exercerá este sábado como escenario de varios concertos ao longo da tarde. Unha oportunidade perfecta para contemplar o xardín dando un paseo se nunca o fixeches e gozar ao mesmo tempo de boa música da man de Raposa, Gloria Pavía e Rafa Morais.

MARINITA Y SUS MAROMAS – Sábado ás 20:00 no Centro Cívico de Teis – 10,00€

REVISTA NOVEMBRO

Marinita y sus Maromas volven a pisar o escenario do Centro Cívico de Teis cun show transgresor que rompe a barreira dos sexos e onde o humor e as risas están aseguradas. Unha coreografía ben executada, estilizada e elegante, unha selección de música que nos transporta aos nosos recordos e unhas maromas que completan e engaden á función un verdadeiro cabaret.

Sunshine in Ohio é un colectivo musical orixinario de Grenoble, Francia, fundado en 2017 por Johnny Sunshine e Lorain Ohio. O seu obxectivo é transportar á súa audiencia a unha viaxe imaxinaria a través dun Estados Unidos ficticio, cheo de vaqueiros, bluesmen, cactos e igrexas onde se canta gospel, todo dentro dun universo temporalmente atemporal.