CANS
GALAXIA

A Homenaxe da Buxaina

23mar20:00A Homenaxe da BuxainaCONCERTOS | De balde20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebrará, o próximo sábado 23 de marzo, A Homenaxe no teatro Afundación de Vigo. O acto comezará ás 20:00 horas e a apertura de portas será ás 19:30 horas. Trátase dun acto anual que A Buxaina organiza en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC) e que ten como obxectivo principal dar a coñecer a aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais. Trátase, xa que logo, de apreciar a quen soubo atesourar a identidade do noso pobo.

Para isto, desta volta os homenaxeados serán a bailadora Oliva López López, da Fonsagrada, e o gaiteiro Julio Vázquez Carril, de San Miguel, Arzúa. Ademais desta homenaxe, contaremos coas actuacións dos grupos De Ninghures, septeto formado por xente moza de distintas partes da xeografía galega comprometida coa música, o baile e a lingua a través do seu proxecto de música folk, e o grupo de baile a Mámoa de Luou. Tamén teremos o pracer de contar coa presenza de Celso Fernández Sanmartín, recoñecido poeta e contacontos nacido en Lalín, como presentador desta edición.

A Homenaxe, previamente chamada Homenaxe ao Gaiteiro, homenaxeou desde o seu comezo a persoas que bailaban ou tocaban instrumentos tradicionais, polo que dende a pasada edición o cambio de nome pretende reflectir esa inclusión, riqueza e variedade que sempre estivo presente no acto.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)