O Centro de Documentación Feminista organiza un ciclo sobre artistas galegas
O Centro de Documentación e Recursos Feministas, situado na Biblioteca Juan Compañel, deu a coñecer a súa programación para os próximos tres meses, que inclúe faladoiros, presentacións de libros, club de lectura e un ciclo sobre mulleres artistas.
O Servizo de Igualdade do Concello de Vigo anunciou o pasado martes o programa de actividades que, durante o período de xaneiro a marzo, se organizarán no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, sito no 2º andar da Biblioteca Pública Juan Compañel.
Todas as actividades teñen acceso libre ata completar a capacidade do local agás o club de lectura e o ciclo de charlas, para os que é preciso inscrición previa. Para calquera información en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista o luns e venres, de 10:30 a 13:30, e de martes a xoves, de 16:00 a 20:30, no teléfono 986 436 441 ou por mail: centro.documentacion.feminista@vigo.org
Programación trimestral
Faladoiros
- 30/01 ás 19:00 – A muller viguesa nos primeiros 60 anos do século XX (Dolores Elena Durán)
- 22/02 ás 19:00 – Educadoras na vangarda do século XX (Ana Romero e Dolores Cotelo)
- 19/03 ás 19:00 – As mulleres pechadas no psiquiátrico de Conxo durante o franquismo (Montse Fajardo)
Presentacións de libros
- 23/01 ás 19:00 – Versos violentos de Iria Bragado
- 08/02 ás 19:00 – Nenas transgresoras na LIX de Marta Neira e Isabel Soto
- 12/03 ás 19:00 – Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus de Isabel Rodríguez
Ciclo de charlas Artistas galegAs
Ciclo organizado en catro sesións nas que se estudiará a obra de mulleres destacadas da arte galega da man de Beatriz Liz de Cea, historiadora da arte e comisaria de exposicións
- 07/02 ás 17:00 – Nacidas no século XIX
- 14/02 ás 17:00 – Nacidas nos inicios do século XX
- 21/02 ás 17:00 – Século XX, década dos 20
- 06/03 ás 17:00 – Escultoras
Club de lectura
- 31/01 ás 18:00 – Feliz Idade de Olga Novo, con Silvia Penas
- 28/02 ás 18:00 – Washington Square de Henry James, con Coral del Río
- 20/03 ás 18:00 – La analfabeta de Agota Kristof, con M. Xesús Fariña