CAMELIAS MASCOTAS

Ara Malikian, Coque Malla e Malú chegan ao Mar de Vigo en 2024

O vindeiro ano, artistas e bandas como Pablo López, Malú, Ara Malikian, El Barrio, Coque Malla, Funzo & Baby Loud ou Valeria Castro encherán de música o recinto vigués coa súa presenza. Algúns deste eventos están a piques de esgotar as súas entradas.

Coque Malla nunha das súas visitas ao Mar de Vigo, en 2018 | P. Cermeño

O 2023 estivo cheo de bos momentos, éxitos e diversión no Auditorio Mar de Vigo, por onde pasaron artistas da talla de Eels, Curtis Harding, Silvia Pérez Cruz, Calexico, Manolo García, Víctor Manuel ou Camela, algúns deles esgotando as entradas.

De cara ao novo ano, a programación seguirá con concertos que prometen ter boa acollida, como é o caso de El Barrio, que presentarán o 16 de febreiro o seu novo disco Atemporal, demostrando que a combinación entre o rock e o flamenco segue a ser tan forte e poderosa como veu sendo ao longo de toda a súa traxectoria. Volve a Vigo Ara Malikian17 de febreiro cun concerto para o que restan poucas entradas. Unha cita enmarcada nunha xira onde o virtuoso violinista de renome mundial se recoñece a si mesmo como un neno que xoga cos sons que nacen da forma máis pura.

Marzo tamén promete regresos, como será o caso de Coque Malla, que non hai ano que non se deixe caer por terras viguesas. Presentará o día 8 de marzo un novo traballo cheo de pop, soul e psicodelia: Aunque estemos muertosPablo López cambia Castrelos polo Mar de Vigo o15 de marzo, listo para celebrar o décimo aniversario da súa carreira musical. Tamén haberá despedidas, como será o caso de Funzo & Baby Loud que deixarán a súa pegada en Vigo o 16 de marzo durante a última xira do dúo. As entradas sairán á venda este domingo 17 de decembro ás 12:00 horas a través de Teuticket.

Un dos pratos fortes do 2024 será a actuación da artista recentemente candidata a un Goya, Valeria Castro, que estará no Auditorio Mar de Vigo o 13 de abril presentando a súa xira “con cariño y con cuidado”. Malú celebrará en Vigo o 25 aniversario do seu disco Aprendiz nun concerto que forma parte dunha xira cun ambiente próximo e persoal que non se volverá repetir en tempo, facendo un percorrido polo seu legado musical. As entradas para o seu concerto dentro deste “A todo sí – 25 años de Aprendiz” o 18 de maio xa están á venda. 

Programación de decembro

Pero antes de abrazar o 2024, quedan varios espectáculos e concertos por desfrutar nestas dúas semanas que quedan de ano.

17/12. Tchaikovsky National Ballet: ‘O crebanoces’ – 19:00 h. Desde 28,00 €

23-24/12. Gran Circo Acrobático da China – 17:30 e 20:30 (sábado), 12:00 h (domingo). Desde 28,00 €

26/12. Hollywood Symphony Orchestra: John Williams & Hans Zimmer – 21:00 h. Desde 26,00 €

27/12. The Vipers: ‘The World Best Queen Tribute Band’ – 21:00 h. Desde 30,00 €

30/12. La Granja de Zenón ‘El gran gallego‘ – 16:30 h e 19:00 h. Desde 15,00 €

REVISTA NOVEMBRO

3/01. Pica-pica: ‘Bailando’ – 17:00 h. Desde 15,00 €

07/01. Strauss Festival Orchestra: ‘Gran Concerto de Ano Novo’ – 19:00 h. Desde 28,00 €

12/01. Ballet Clásico de Ucraína: ‘O lago dos cisnes’ – 21:00 h. Desde 28,00 €