UVIGO
FILLOAS

Coque Malla, Castillo e fotografía de rúa esta fin de semana en Vigo

Unha fin de semana máis a música de todo tipo invade os locais de Vigo. Pero tamén temos teatro, maxia, exposicións de fotografía ou mercados para pasar da mellor forma posible estes días de chuvia. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Fotografía da exposición ‘Me llaman calle’ | Jorge Lens

FEIRA CAMELIAS EN VODA – Venres e sábado no CC Camelias – De balde

A feira Camelias en Voda, que ten lugar os días 8 e 9 de marzo no CC Camelias, contará con desfile, relatorios, casetas e moito máis relacionado coas vodas, comunións, bautizos, despedidas de solteiro ou de divorciados.

EXPOISICIÓN ‘ME LLAMAN CALLE’ – Venres ás 19:00 na Galería Sargadelos – De balde

Selección representativa dos últimos anos de traballo do fotógrafo vigués Jorge Lens. Desde o ano 2016, en que Lens comezou a serie City Blues en diversas capitais europeas, o fotógrafo percorreu un bo número de países para documentar a esencia das súas rúas, centrándose máis nas pequenas historias e nas rutinas cotiás que nas arquitecturas ou acontecementos extraordinarios. Froito de todo iso é esta mostra de fotografías que combina unha selección do traballo inicial realizado en Europa xunto con algunhas fotos das súas viaxes posteriores polas capitais centroamericanas (2018-2020) e un apuntamento das últimas fotografías máis recentes a través de diversos países.

CONCERTO COQUE MALLA – Venres ás 21:00 no Auditorio Mar de Vigo – Desde 33,00€

Coque Malla volve unha vez máis ao Mar de Vigo para presentar o seu novo traballo Aunque estemos muertos, un disco, nas súas palabras, “fala do paso do tempo, de achados e de perdas, de fraxilidade, da sombra da morte… E paradoxalmente é un disco, na miña opinión, moi luminoso”.

CONCERTO CASTILLO – Venres ás 21:30 en Radar – Desde 11,00€

Unha das sorpresas musicais do pasado ano en Vigo foi a irrupción de Castillo, un músico a medio camiño entre o country e o grunge ao que non é raro ver tocar no paseo do Náutico. Este venres presenta por primeira vez o seu novo disco Let the moon kill the sun en formato eléctrico, acompañado polo músico e produtor Sergio M. Puga. Poder ler aquí a entrevista que lle fixemos o ano pasado.

MERCADO RECICLADO – Sábado de 12:00 a 21:00 en Simia – De balde

Marzo é un mes no que o mercado florece e renace como xardíns con tons vibrantes con arte local, deseño e ilustración e, nesta edición, tamén literatura. Dalle vida á económica local en todos os seus aspectos con áreas cheas de maravillas para descubrir!

CONCERTO XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE – Sábado ás 21:00 no Auditorio Mar de Vigo – Desde 16,00€

En febreiro de 2024, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre publican o seu novo disco, Axúdame a sentir, o cuarto da súa carreira en conxunto. Con este albúm, e tras case dez anos de traxectoria e máis de 350 concertos, continúan traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país.

TEATRO: O MEU MUNDO NON É DESTE REINO – Sábado e domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 10,00€

Esta fin de semana na Sala Ártika, a compañía de teatro A Ramboia presenta O meu mundo non é deste reino. Proxecto Gañador do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais no 2018 e que ademáis obtivo os premios María Casares á Mellor Dirección e Mellor Adaptación no 2020. É unha adaptación da Farsa de Bululú de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.

CONCERTO NIÑA POLACA – Sábado ás 21:00 en Mondo – Desde 15,00€

Niña Polaca é unha banda madrileña–alacantina formada en 2018 polo cantante e compositor Álvaro Surma (Surma) e o baixista e tamén compositor Alberto Rojo (Beto) tras coñecerse sendo veciños do mesmo edificio situado na rúa da Palma. Son unha das sensacións do rock estatal dos últimos anos.

CONCERTO ZËNZAR + FLOW DE TOXO – Sábado ás 21:00 na Sala Rebullón – Desde 10,00€

O 23 de decembro de 1988, Zënzar (daquela Mördor) debutaba no pub Non Sei (Cerceda). 35 anos despois celebran a súa nova xira, 35 anos bourando, consagrándose como a banda de rock en galego que máis anos de historia ininterrompida leva ás costas. Nesta data estarán acompañados por Flow do Toxo, encargadas de abrir a xornada.

MAXIA: ‘IGUALDADE, ONDE ESTÁS?’ – Domingo ás 18:00 no Auditorio Municipal – 5,00€

CAMELIAS NADAL

A protagonista desta historia nace un 8 de Marzo de 1975. Considerando este feito a súa nai un claro sinal dunha misión, decide chamala Esperanza…“Esperanza Marzal”. “Esperanza Marzal” traerá a igualdade: ela desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas pola rúa, acadar os mesmos postos de traballo que calquera persoa, e pregúntase por que en moitas entrevistas nos medios de comunicación ás mulleres se lles pregunta polo seu físico, no canto de facelo pola súa actividade, a conciliación da vida laboral e familiar, a finalización de todo tipo de violencia de xénero, abusos etc. Espectáculo cheo de ilusións con cordas, cartas,…moito humor e participación do público, para tentar expor non só as desigualdades cotiás e históricas, senón tamén a importancia de erradicalas traballando nos ámbitos da educación e a cultura.