CAMELIAS MASCOTAS

Aitana, Vetusta Morla e Rodrigo Cuevas entre as primeiras confirmacións do festival Portamérica

O Festival Portamérica, que se celebrará do 4 ao 6 de xullo, acaba de anunciar os primeiros dezaoito artisas que pasarán pola Azucreira de Portas nesta nova edición. Os abonos sairán á venda o próximo martes 28 de novembro.

O festival PortAmérica xa conta cun primeiro avance do cartel que conformará a súa próxima edición en 2024. Tras o anuncio das datas nas que nos reencontraremos na Azucreira de Portas e a saída á venda dos seus tradicionais ‘Abonos Creyentes’, esgotados en tan só 2 horas, o festival lanza hoxe un adianto de grandes artistas: 18 bandas e 18 chefs, dos que gozaremos os días 4, 5 e 6 de xullo. Os abonos para esta edición sairán á venda o vindeiro martes 28 de novembro ás 12:00h

PortAmérica, que cada ano une melodías e sabores de ambos os lados do Atlántico, volve cun carteln no que reúne o mellor de diferentes recunchos do mundo. O primeiro adianto do esperado cartel de PortAmérica distínguese pola presenza de destacadas estrelas nacionais e latinoamericanas como Aitana.Tamén figura o grupo revelación deste ano, Arde Bogotá. Volve ao Portamérica Vetusta Morla, a aclamada banda madrileña que pode presumir de contar cun dos mellores directos en España. Desde o outro lado do charco chega Milo J, un dos expoñentes máis destacados do trap e hip-hop arxentino.

REVISTA NOVEMBRO

O artista que repite unha vez máis no festival de Caldas é Xoel López,que estará presentando o seu novo traallo ‘Caldo Espírito’. Desde Barcelona chega o carismático Carlos Sadness, quen conta cun Grammy Latino no seu haber e alcanzou récords de venda en México. A diversidade de xéneros e estilos amplíase coa incorporación do recente galardoado co premio nacional de Músicas Actuais, Rodrigo Cuevas, recoñecido pola súa audacia e provocación, realizará un concerto de despedida moi especial para repasar as súas máis de dúas décadas sobre os escenarios, tras anunciar recentemente a súa retirada.

O cariz iberoamericano do festival enriquécese coa presenza do destacado cantautor brasileiro Toquinho, mestre indiscutible da bossa nova. Desde México, o cantautor Caloncho, co seu estilo relaxado e poético, promete cativar corazóns coa súa participación. Ademais, Son Gallo Negro, expoñente da autodenominada ‘rareza exótica’, rescata as raíces da música tropical psicodélica, achegando unha proposta musical moi particular ao festival.

Os lendarios Burning, co seu impactante legado na escena do rock español, engadirán un toque de nostalxia e enerxía. Desde Cataluña, Standstill, pioneiros do rock experimental, súmanse ao cartel coa súa proposta arriscada e vangardista, tras varios anos de parón nos escenarios, xunto ao rock máis clásico do malagueño Sarria. Como non podía ser doutra maneira, PortAmérica mantén a súa fidelidade á esencia indie, incorporando a introspección de Shinova, os incombustibles The Rapants, o vangardista artista galego, Mondra, ou mesmo o pop-folk da canaria Marilia Monzón, quen recentemente estreou o seu álbum debut, ‘Prenderé una velita’.