REVISTA ABRIL

Vetusta Morla entre as novas confirmacións do Portamérica

O Portamérica incorpora quince novas bandas ao cartel desta nova edición do festival, que se celebrará entre o 5 e o 7 de xullo na Carballeira de Caldas de Reis. Vetusta Morla, Miranda!, Los Caligaris, Imelda May, Pussy Riot, Iseo & Dodosound with The Mousehunters y Los Coronas están entre as novas confirmacións.

REVISTA ABRIL

Concerto de Vetusta Morla nunha edición pasada do festival | Pixelin Photo

O Festival Portamérica, unha das citas musicais máis relevantes do verán na provincia de Pontevedra, acaba de dar a coñecer quince novos grupos que actuarán nesta sétima edición: Vetusta Morla, Miranda!, Los Caligaris, Imelda May, Pussy Riot, Iseo & Dodosound with The Mousehunters, Los Coronas, Mitú, ElyElla, Azul Violeta, Arturo Paniagua Dj, Carlos Méndez, Luis Brea y el miedo, Pardo y Habitación Vudú, súmanse aos xa confirmados previamente: Izal, Chico Trujillo, El Columpio Asesino, La Pegatina, La Habitación Roja, Viva Suecia, La Vida Bohème, Jacobo Serra, Los Auténticos Decadentes, Mexrrissey, Neuman, Shinova, We Are Standard y We The Lion.
Entre o 5 e o 7 de xullo a Carballeira de Caldas de Reis será epicentro musical pero tamén gastronómico, xa que o Portamérica volve a incluír o Showrocking polo que pasarán recoñecidos chefs estrela michelín. Ademais no empeño do festival de contribuír á sostenibilidade, este ano poñen en marcha a campaña ‘Unha entrada, unha árbore’. A causa da devastadora ola de incendios que tivo lugar en Galicia o pasado outono lanzan esta iniciativa, que consiste nunha xornada de reforestación con especies autóctonas unha vez finalice o festival nun monte do municipio. Nela cada un dos asistentes poderá plantar a súa árbore.

Nesta mesma liña, veñen de presentar o vídeo ‘El valor de las persoas’ que pon o foco na importancia da educación en materia de prevención e conciencia medioambiental. Amosa tres historias, de tres iniciativas que melloran o noso entorno e das tres persoas que están tras elas:

Rafael Sánchez-Agustino, xunto cos seus compañeiros da xunta directiva do CEIP A Lama, realiza durante todo o ano actividades de concienciación medioambiental cos seus alumnos: reforestación, coñecemento do patrimonio natural e cultural da zona… formando no só futuros adultos concienciados coa natureza, senón tamén mellorando os hábitos dos pais a través dos seus fillos.
Carlos Piñeiro e Jacobo Cerviño son dous dos socios de Pouso da Serra, unha cooperativa xuvenil que recupera o monte de O Hío coa actividade diaria das súas máis de 100 cabras. Un exemplo de reinvención laboral sen saír do seu entorno que ademais achega un beneficio para a comunidade.
Xose Santiago Martínez deixou o seu posto na automoción para crear o seu propio soño: Corazón de Carballo. Un espazo único en Tomiño onde transmiten e educan tanto a nenos como a adultos en valores como o respecto e o coidado polo medio ambiente.