CAMELIAS MASCOTAS

Le Marche de Rachel, orixinalidade e cor de arriba a abaixo

Le Marché de Rachel é un comercio no que a cor invade paredes, estantes, vitrinas e burras. O prato forte son as prendas de roupa, pero tamén vende calzado, mochilas e estoxos e complementos artesanais e chamativos.

Se es das que pensas que a vida é demasiado curta para vestir prendas aburridas, Le Marché de Rachel é o teu paraíso. Esta tenda ubicada na rúa Carral, chama a atención desde a súa vitrina verde de estilo coqueto e vintage, chea de pequenos detalles de convidan a entrar para seguir descubrindo os seus tesouros.

Tras o mostrador atopamos a Mariló, unha persoa atenta e detallista con debilidade polas prendas estampadas, os deseños orixinais e poñerlle cor á vida. A especialidade da casa son a roupa e os complementos, pero tamén atopamos elementos para casa, como as candeas e a papelería, como as axendas que agora mesmo nos fan máis agradable a volta á rutina xunto á colección de mochilas e estoxos.

Le Marche de Rachel é unha tenda multimarca onde cada prenda elíxese polo seu deseño, pero tamén con criterios de calidade e sostenibilidade. Algunhas das prendas que vende están elaboradas en tecidos de poliéster reciclado, Lyocell e algodón orgánico e a gran maioría veñen de marcas españolas que fabrican en Europa con condicións laborais axeitadas. Por iso é habitual encontrar nas etiquetas das prendas selos como Fair Wear Foundation, que certifica a produción sostible ou GOTS, que nos asegura que estamos vestindo algodón orgánico.

REVISTA NOVEMBRO

O mesmo compromiso de orixinalidade e sostibilidade está presente na vitrina da bisutería, onde encontramos pendentes, aneis, colgantes e broches de diferentes materiais e estilos, elaborados por pequenas marcas de artesanía galegas e españolas. Adornar os nosos looks cuns pendentes de Alicia en el país de las marabillas, un gran colgante que nos transporta ás tardes de verán ou unhas discretas anduriñas de metal artesanais pode darnos toque definitivo.

A combinación de autenticidade e calidade fai de Le Marche de Rachel unha tenda única na nosa cidade, moi indicada para as que procuran prendas divertidas, pero axeitadas para vestir no día a día, xa sexa no traballo ou na vida social.

Rúa Carral, 15
Tenda online: lemarchederachel.com
Instagram: @lemarchederachel