Dez plans para esta fin de semana en Vigo
Decálogo de plans en Vigo, entre o venres 16 e o domingo 18, para todos os gustos. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
Bloomsday – Venres ás 11h no MARCO – De balde
Evento anual que se celebra como homenaxe á figura de Leopold Bloom, personaxe principal da novela de Ulises, de James Joyce. As celebracións inclúen unha charla (11:30h no MARCO) de María Alonso Seisdedos, representante do equipo responsable da tradución do Ulises ao galego, seguida dunha lectura pública de fragmentos da novela.
RDP AsTour – Venres ás 19h en Molotov – Desde 5 €
Un show de hip-hop, rap, drill, trap, e demais subxéneros que contará con RDP e artistas convidados como DJ Mid. a festa inclúe afterparty coa súa DJ residente.
Wöyza & The Galician Messengers – Venres ás 19:30h no Vixiador – De balde
A rapeira viguesa Wöyza e a súa banda presentarán o seu primeiro traballo discográfico na cantina do parque forestal do Vixiador, nun showcase gratuíto.
Cintaadhesiva + Vila Nazca – Venres ás 21:30h na Sala Kominsky – 7 €
Cintaadhesiva, o dúo de spoken word e música elctrónica comandado por Silvia Penas compartirá recital con Vila Nazca, proxecto lo-fi portugués que reúne a Filipe Miranda e Lisete Santos.
Pedalada con orgullo – Sábado ás 11:30h no Paseo de Alfonso XII – De balde
Bicicletada por diferentes puntos da urbe olívica para conmemorar o Orgullo, que rematará ás 12:30 cun vermú transmarikabibollo no Paseo de Alfonso. É unha das actividades organizadas por Asociación Nós Mesmas e Avante Galicia para visibilizar o mes do Orgullo LGTB+. Podes ver o programa completo quí.
Supernatural Day Fest – Sábado de 12 a 24h no CC A Laxe – Desde 12 €
O grupo de DJ composto por Frida Kalvo e Tropical Boy organizan toda unha xornada de música na terraza do Centro Comercial A Laxe. Contarán ademais con exposicións, performances e espazo infantil.
Picnic Sesions – Sábado de 13 a 20h en Saiáns – De balde
O sábado volve a Saiáns Picnis Sesións. Unha xornada ao aire libre e de balde con obradoiros para toda a familia e concertos de Other Game , Trol e Frank Drebin. Todo o recadado vai para financiar o festival que celebran en setembro.
Orgasmos, la comedia – Sábado ás 21h no Teatro Afundación – Desde 12 €
comedia que trata as diferenzas entre homes e mulleres e a convivencia en parella. Remóntase desde Adán e Eva ata a actualidade. Un auténtico manual de autoaxuda para enfrontarse aos retos de vivir en parella, que non son poucos.
Monólogo de el Nene – Sábado ás 22h en Cañaveral – Desde 10 €
Desde o humor máis negro ata o humor observacional máis costumista, Nene mestura a interacción co público con temas controvertidos nun monólogo cafre e irreverente.
Sekadra – Domingo ás 13h no chiringuito Deilán Praia – De balde
SeKadra son un dúo galego-brasileiro que mestura tradición galega con sons da música escandinava, jazz, flamenca e brasileira, así como sutís achegamentos á electrónica.