Un mes de actividades para festexar e reivindicar o Orgullo LGTB+ en Vigo
Como cada mes de xuño, a Asociación Nós Mesmase Avante Vigo preparan unha extensa e variada programación baixo o título Orgullo Crítico coa que busca visibilizar ao colectivo LGTB+, tecer redes e celebrar o Día Internacional do Orgullo LGBT. A efeméride que ten lugar 28 de xuño.
Estas son todas as actividades programadas ata o momento por Nós Mesmas e Avante Vigo en colaboración con outros colectivos e institucións galegas. Para algunhas é preciso inscribirse e a asociación informará do prazo e forma a través das súas redes sociais.
2 de xuño
19:30 – Saída Praza de Portugal – Mapeado histórico – Ruta sobre memoria LGTB+ na que se percorrerán emprazamentos como a primeira editorial gay, a primeira manifestación LGTB+ de Galicia, asociacións viguesas…
3 de xuño
10:30 – Sendeirismo – Ruta do Río Fraga coa asociación Facendo Camiño, un grupo deportivo social creado co obxectivo de fomentar a inclusión no deporte do colectivo LGBTQ+.
8 de xuño
19:30 – Edificio Redeiras – Inauguración da exposición Unha ollada LGTBI+ ao mundo animal, que estará aberta ao público ata o día 30.
10 de xuño
21:30 – C.S. A Revolta – Mesa Referentes , mesa redonda sobre a memoria do colectivo LGTB+ en Galicia.
11 de xuño
11:30 – Parque de Castrelos – Picnic Diverso. Xornada de actividades e xantar conxunto.
17 xuño
11:30 – Saída Paseo Alfonso – Pedalada con orgullo – Bicicletada por diferentes puntos da urbe olívica para conmemorar o Orgullo que remata cun vermú transmarikabibollo no Paseo de Alfonso ás 12:30.
21 xuño
19:30 – Marco – Curtas de La Pecca – Escolma de curtametraxes do festival de Santander La Pecca (Pequeño Certamen de Cine de Ambiente)
23 xuño
21:00 – Alcabre – Quedada Cuir por San Xoán
25 xuño
12:30 – Parque do Vixiador – Un día en familia, parque do monte Vixiador
28 xuño
19:00 – Pasarrúas Batukada
29 xuño
De 16:00 a 18:00 – Local Nós Mesmas – Obradoiro Drag King con Nico Elsker, intérprete teatral, performer, animador e drag king asentado en Vigo que forma parte da compañía Marinita y sus maromas.
19:00 h – Auditorio do Concello – Obra Elisa e Marcela, da compañía A Panadaría. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real: a voda e vida de dúas mulleres en 1901. Haberá un taller de conciliación para crianzas no local de Nós Mesmas durante a obra. Entradas para a obra nesta ligazón.
30 xuño
19:00 – Biblioteca Neira Vilas – Contacontos musicalizado para nenos de 4 a 7 anos.
19:30 – Churruca – Teatro Invertido. Festival de teatro, danza, performace, música e travestismos. 6 pezas con perspectiva e protagonistas LGBT+ en diferentes bares de Churruca. Colaboración con Teatro gorrilla.
1 xullo
20:30 – Saída da Doblada – Manifestación
21:30 – Porta do Sol – Festa Diversxs