AQUALIA
RevistaNovembro23

Numerosas actividades ao longo do mes polo Orgullo LGTBI+

Coloquios, concertos, festas drag, proxeccións, exposicións, senderismo, mesas informativas, obradoiros, maratón fotográfica… este é o mes do Orgullo e a Asociación Nós Mesmas ten unha chea de actividades preparadas desde hoxe ata o 29 de xuño, o día grande.

Fotografía da manifestación do ano pasado | Alba Villar

A Asociación Nós Mesmas é unha organización feminista que nace en 2008 da man dun grupo de mozas novas e que se plantexaron como obxectivo contribuír a construcción de vías alternativas de pensamento para acadar as condicións necesarias para o exercicio e pleno disfrute por parte das mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais dos seus dereitos.

Para este mes teñen organizadas unha gran cantidade e variedade de actividades orientadas a dar visibilidade e a loitar polos dereitos das persoas LGTBI+. A primeira será hoxe coa inauguración da exposición Sen Moldes na Casa das Artes ás 19:00, que se poderá visitar ata finais de mes. Esta mesma semana haberá un parladoiro sobre “Migrar para ser ceibe, situación das persoas migrantes LGTBI” o martes 11 ás 19:30 na Oficina Municipal do Distrito, a II Noite Drag o 15 á medionoite no Mogambo e o domingo unha xornada de sendeirismo e encontro familiar no Vixiador, con actividades para crianzas.

O martes 18 ás 19:00, no Centro de Documentación Feminista da Biblioteca Juan Compañel, terá lugar o coloquio “Autoras galegas rachando cos moldes” con Iria Misa e Eva Mejuto. Ese venres, ademais das mesas informativas na Rúa Príncipe desde as 17:30, proxectarase no MARCO o documental Vida e morte de Marsha P. Johnson ás 19:30. Para rematar a semana, Vermú TransMaricaBiBollo na Ronda de Don Bosco o sábado 22 e por San Xoán fogueira ceibe LGTBI+ ás 21:00 na Praia de Carril.

O luns 24 poderás unirte á mesa redonda “Corpos disidentes” na ONCE ás 19:30, onde falarase das sexualidades e corporalidades fora das marxes do normativo. O 26 haberá outra mesa redonda, neste caso “Xogamos Seguros: VIH, VPH, Prep, Pep…” no MARCO á mesma hora. O 28, ademais da mesa informativa Stonewall Inn en Príncipe, haberá unha proxección do documental Me llamo Violeta nos Multicines Norte ás 20:10.

Por último o sábado 29 de xuño será o día grande na Praza da Pedra durante toda a xornada. Iniciarase o I Maratón Fotográfica do Orgullo, haberá obradoiros, actuacións, música, lectura do pregón e do manifesto, DJ e unha multitudinaria manifestación ás 20:30.

Missing Event Data
Missing Event Data
Missing Event Data
Missing Event Data
Missing Event Data
Missing Event Data
Missing Event Data
Missing Event Data
Missing Event Data
Missing Event Data
Missing Event Data