CIRCO DE NADAL
JORGE PARDO

Actividades do Orgullo 2020 en Vigo

A Asociación Nós Mesmas, co apoio da Concellería de igualdade, poñen en marcha un ano máis un completo programa de actividades para reivindicar a diversidade e esixir o dereito de todas as persoas a sentirse seguras e representadas, independentemente da súa condición ou escolla sexual. O programa leva por título ‘Mamá, son heterosexual’ e levarase a cabo entre o 17 e o 28 de xuño de xeito presencial e online.

Cada mes de xuño, as cidades énchense de arcoiris para celebrar a diversidade e lembrarnos que, aínda hoxe, as persoas LGTBI+ ven vulnerados diariamente os seus dereitos. Para a asociación Nós mesmas o Orgullo é unha ferramenta política coa que o colectivo incide na visibilización da diversidade sexual e afectiva. ‘Reivindicamos o noso dereito a ser quen somos, a expresar libremente o noso xénero, a elixir as nosas relaciones afectivo-sexuais, a ter un traballo digno, a non ser discriminadxs por situarnos fora da normatividade e a recibir a atención sanitaria que necesitemos. En definitiva, reivindicamos o noso dereito a ser consideradxs e tratadxs como ciudadanxs de primeira’.

REVISTA NOVEMBRO

Para iso artellan cada ano un programa de actos informativos e actividades lúdicas que culminan cunha manifestación polo centro da cidade que este ano será en bicicleta.

A asociación feminista considera o Orgullo 2020 de especial importancia, xa que a crise sanitaria acentuou a desigualdade estructural que xa existía, provocando que as persoas máis vulnerables sufran con máis intensidade os efectos da ‘nova normalidade’.

Podes seguir estas actividades no Facebook ou no Instagram da Asociación Nós Mesmas.