CAMELIAS MASCOTAS

A artista viguesa Vanesa Álvarez conquista Nova York cun mural de 2.000 metros

Hoxe inagúrase na céntrica praza de Manhattan Union Square, un mural de 2.000 metros realizado por un equipo de 150 voluntarios capiteneados pola artista viguesa Vanesa Álvarez.

Vanesa Álvarez pintando o mural de Union Square | Cedida

O talento de Vanesa Álvarez é de sobra coñecido na nosa cidade. A través do programa municipal ‘Vigo cidade de cor’ Álvarez rediseñou varios muros grises de Vigo co proxecto Expostas, que realiza en colaboración con outras compañeiras. Desde hoxe, Union Square, un dos centros neurálxicos de Nova York rezuma vitalismo grazas a súa intervención.

REVISTA NOVEMBRO

O mural de Vanesa foi seleccionado por Union Square Partnership, organización sen ánimo de lucro que traballa na contorna da famosa praza para mellorar o vecindario; este é o terceiro mural que promoven no que vai de ano. Álvarez titulou a súa obra ‘Unión con el Universo’, unha chamada a protexer o planeta e fortalecer a nosa conexión coa natureza. Ocupando un carril da estrada, a figura dunha muller sostén nas mans un planeta e un corazón, no outro carril dúas mulleres meditan, todas elas rodeadas de símbolos como bolboretas, panteiras e prantas.

Para realizar a obra Vanesa coordinou un equipo de 150 veciños e voluntarios que quixeron participar na acción e que estiveron pintando ao longo de tres días. Agora o mural está a vista de millóns de neoiorquinos e visitantes, cálculase que cada día 350.000 persoas atravesa Union Square.

Non é o primeiro mural que Vanesa Álvarez realiza en Nova York, cidade na que vive desde hai catro anos xunto a súa parella Marcos de la Fuente con quen co-dirixe o festival de poesía Kerouac con sede en Vigo, Nova York e Mexico. O pasado mes de xaneiro estreou en Manhattan o mural ‘Coñeces o camiño’, para promocionar o Camiño de Santiago en Nova York. E no barrio de Williamsburg, onde vive, pintou uns murais dedicados a Rosalía e Castelao.

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.