CAMELIAS MASCOTAS

85 Corpos, un festival para que celebres o Día da Danza bailando

O colectivo 85C celebra o Día da Danza como non podería ser doutra maneira: bailando. 85 Corpos desenvolverase nas xornadas do sábado e o domingo e combinará diferentes disciplinas de danza para que todo o mundo se anime a participar.

O Colectivo ‘Os Movementes’ será o encargado de guiar a jam de contact que se celebrará o domingo no Alamacén Cultural | 85C

O domingo, 29 de abril, ten lugar o Día da Danza e en Vigo se están a organizar diferentes iniciativas para que movas o esqueleto. O colectivo multidisciplinar 85C ten preparada unha fin de semana de moito baile para que bailaríns e afeccionados deixen fluír os seus corpos ao ritmo de diferentes músicas. Baixo o título de 85 Corpos englóbanse tres eventos que terán lugar nas xornadas do sábado e o domingo.

REVISTA NOVEMBRO

A primeira cita será ‘Sinerxia de Artistas’ que se celebrará o sábado na Cova dos Ratos a partir das seis da tarde. Neste evento actuarán oito dúos creados de forma aleatoria. Cada un dos dúos estará formado por un bailarín e por unha persoa que se dedica a algunha outra arte: poesía, teatro, muralismo… A organización xa comunicou aos diferentes participantes quen é a súa parella por se quixeran preparar algo en conxunto antes do evento do sábado. A entrada para asistir a esta peculiar proposta é de balde, ao finalizar se abrirá un coloquio no que os participantes poderán compartir a súa experiencia.

Ese mesmo día a partir das doce da noite, terá lugar na sala Magnética a Macarena War III, a primeira batalla de baile na que non fai falla saber bailar para participar. Esta proposta, ao igual que a anterior, desenvolverase por parellas formadas por un bailarín ou bailarina profesional e unha persoa á que simplemente lle guste bailar. Tanto uns coma outros pódense inscribir previamente no evento contactando con Beehive Vigo, pero os indecisos tamén se poderán arrancar a participar no mesmo momento do evento. O evento será dinamizado pola speaker High Paw e os DJs Fonkid e DJ Pol e haberá un xurado que escolla a parella gañadora.

O domingo 85C ten preparada unha intensa xornada de jams nas que todo o mundo está convidado a participar. As jams estarán guiadas por bailaríns das diferentes disciplinas, polo que, independente do nivel de cada un, a participación é aberta, só se precisan ganas de mover o corpo. As jams matinais terán lugar no Alamacén Cultural. A xornada arrancará ás 11 da mañá cunha jam de contact en colaboración con ‘Os Movementes’, guiada polo bailarín Juan Cid e musicada por Charles Rapante. Ás 12:30 chegará a quenda dos afeccionados ao swing e o lindy hop, esta sesión será guiada por Swing On Vigo e a Dj Elena Branco será a encargada de pór a música.
Pola tarde as jams trasladaranse a Escola de Danza Inés Núñez. O evento comezará cunha sesión de danza africana a partir das 16:30 horas que será guiada por Allatantou e na que haberá percusión en directo. Ás seis da tarde, darase paso ás danzas urbanas, o colectivo Rías Baixas será o encargado de guiar esta jam e a música correrá a cargo de Mma Bomwas. A xornada pecharase cunha jam conxunta na que tódalas danzas serán benvidas, dende a organización animan aos participantes a que leven as súas propostas musicais. O prezo por participar nunha das jams é de 3€, en dúas 5€ e tamén hai a posibilidade de mercar un bono para tódalas jams por 10€.

(GMT+01:00) A Cova dos Ratos


(GMT+01:00) Sala Magnética


(GMT+01:00) O Almacen Cultural


(GMT+01:00) Escola de danza Inés Núñez

 

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.