CAMELIAS MASCOTAS

Volve a campaña ‘Doar é de cine’ ao Centro Comercial gran Vía

O Centro Comercial Gran Vía volve a pór en marcha a campaña ‘Doar é de Cine’, co obxectivo de promover a doazón de sangue. Todas as persoas que este xoves 18, venres 19 e sábado 20 se acheguen ao centro comercial a doar sangue recibirán a cambio unha entrada de cine de balde e un agasallo sorpresa.

REVISTA NOVEMBRO

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, en asociación coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (Ados) levará a cabo unha nova iniciativa para animar á xente a doar sangue e axudar a suplir a gran demanda actual dos hospitais. Baixo o nome ‘Doar é de Cine’, porase en marcha esta campaña na que se agradecerá a participación de cada doante cunha entrada de cine gratuíta, ademais dun agasallo sorpresa.

Os días serán o xoves 18 e o venres 19 de 10:00 a 14:30 h e de 15:30 a 21:00 h e o sábado día 20 de 10:00 a 15:00 h, para facilitar a participación do maior número de persoas posible. Habilitarase un posto de doazón na parte superior do centro comercial, na zona acristalada da cuberta axardinada. Non se precisa cita previa xa que se atenderá a cada doante por orde de chegada. A entrada de cine poderá canxearse nos propios cines do CC Gran Vía ata o día 25 de xuño de 2023, válida para calquera sesión.

Para poder doar sangue hai que ser maior de idade e levar con un o DNI, Pasaporte ou carné de doante. Os homes poden doar 4 veces ao ano e as mulleres 3, deixando un marxe de mínimo 2 meses con respecto á vez anterior. Podes consultar todas as condicións aquí.