PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Un Entroido para enmarcar

O vigués Serxo González é incapaz de definirse sen unha cámara nas mans, ben fose esta de xoguete, desbotable ou profesional. Tras estudar Belas Artes e un ciclo de imaxe centrou o obxectivo na multitude de opcións que ofrece a fotografía: arquitectónica, corporativa, de eventos, de produto, retratos, sesións temáticas… Na última década, as vodas son as que lle copan gran parte do tempo, o que lle valeu para ser recoñecido nas últimas catro edicións dos Wedding Awards, uns premios anuais que recoñecen os mellores profesionais no sector nupcial organizados a través da web especializada bodas.net.

Co gallo do Entroido, Serxo ofrécese a retratar familias, parellas ou grupos de amigos que queiran inmortalizar un disfrace colectivo ou unha época divertida que se queira rememorar máis adiante. Estas sesións poden ser en exteriores, nun estudio profesional ou mesmo se pode optar por un híbrido entre as dúas opcións, segundo nos explica o fotógrafo: «Compleméntase a foto en exteriores con iluminación de estudio, que é un servizo que non dá practicamente ningún fotógrafo». El prefire os exteriores «pola liberdade creativa que dá poder improvisar coa contorna e para que a xente se sinta máis cómoda, menos intimidada». Ademais tamén se ofrece a opción de incluír no paquete a contratación dunha maquilladora profesional para mellorar as caracterizacións e que a cousa quede perfeccionada desde a base.

Nun mundo cada vez máis saturado de imaxes de todo tipo, Serxo defende a fotografía profesional: «É un investimento para ter recordos de calidade no futuro». Incide na importancia que lle damos ás fotos tomadas co móbil que, «como moito, vémolas unha vez ao ano facendo limpeza»; en contraste coa fotografía en formato físico, protexida por un marco ou compilada nun álbum, realizada por mans profesionais con anos de experiencia.

Serxo González Fotografía | serxophoto.com | hola@serxophoto.com | 662 94 00 43 | @serxophoto

VINA COSTEIRA
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.

Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)