CAMELIAS MASCOTAS

María Xosé Porteiro, A Panadaría e Francisco Castro no programa de actividades feministas para este semestre

O Servizo de Igualdade do Concello de Vigo vén de publicar o programa de actividades que se desenvolverá entre xaneiro e xuño presencialmente no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, situado no segundo andar da Biblioteca Pública Juan Compañel.

María Xosé Porteiro presneta o libro #Taméneu

O Centro acollerá clubes de lectura, faladoiros, dous obradoiros de escrita creativa feminista e presentación de libros. Todas as actividades son gratuítas e só é preciso inscribirse para asistir aos clubes de lectura e o obradoiro de escrita feminista. A inscrición realízase cubrindo a ficha dispoñible na web de Igualdade Vigo e enviándoa a  centro.documentacion.feminista@vigo.org

Presentacións de libros e faladoiros

Xoves, 19 de xaneiro, 19:00h – Faladoiro co escritor Francisco Castro Veloso, Isto SI é un Home, o reto de facerse homes feministas.

Martes, 24 de xaneiro, 19:00h – Presentación do libro A materialidade das fillas de Lupa: obxectos ficcionais femininos na narrativa galega (Xerais, 2022), de Inma Otero.

Mércores, 8 de febreiro, 19:00h – Faladoiro O síndrome da impostora ou por que as mulleres non saen na foto, coa farmacéutica e investigadora en Comunicación na USC Ariana Fernández Palomo,

Martes, 14 de febreiro, 19:00h – Presentación do libro Taméneu (Libros Lar, 2021), de María Xosé Porteiro.

Mércores, 1 de marzo, 19:00h – Faladoiro Ruth Matilda Anderson, pioneira da tradución de Rosalía de Castro ao inglés, coa tradutora e editora en Afundación e investigadora na UVigo Alba Rodríguez Saavedra.

Mércores, 15 de marzo, 19:00h – Presentación do libro Crónicas de olvido (Tigres de papel, 2023), de Graciela Baquero.

Martes, 11 de abril, 19:00h – Faladoiro Espontaneadas, a declaración de embarazo “ilexítimo” na Galicia dos séculos XVII a XIX, coa catedrática de Historia Moderna na USC Ofelia Rey Castelao.

Martes, 18 de abril, 19:00h – Presentación do libro Eu son Exeria: lectura feminista dunha viaxe no século IV (Galaxia, 2022), de Marisa Vidal e Sole Pite.

Martes, 9 de maio, 19:00h – Faladoiro sobre o documental Si ka badu, ka ta biradu. Se non marchas, non podes volver (documental sobre a emigración de Cabo Verde a Galicia das mulleres caboverdianas e o seu esforzo coidador de ida e volta), con Iria Vázquez Silva, profesora de socioloxía na Uvigo e integrante do Equipo de Investigación participante no documental.

Martes, 23 de maio, 19:00h – Presentación do libro Magnolia Punk e outras arritmias (2023), Andreia Costas.

Martes, 6 de xuño, 19:00h – Presentación do texto teatral de Elisa e Marcela (Erregueté, Revista Galega de Teatro, 2022) , de A Panadaría, con Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Martes, 13 de xuño, 19:00h – Faladoiro Sinerxias entre Arte e Feminismo, para unha transformación social e educativa, con
Celeste Garrido, artista plástica e membro fundacional da Colectiva Portal de Igualdade.

Clubes de lectura

Todos ás 18h, é preciso cubrir a ficha de inscrición e enviala ao Centro de Documentación.

25 de xaneiro – Una habitación propia, de Virginia Woolf – Con Priscila Retamozo.

22 de febreiro – Desoriental, de Négar Djavadi – Con Sara Guerrero.

29 de marzo – Canción dulce, de Leila Slimani – Con Lola Varela.

26 de abril – La extraña desaparición de Esme Lennox, de Maggie O’Farrel – Con Cristina Louzán

31 de maio – Volver a casa, de Yaa Gyasi – Con Sara Tabuyo

28 de xuño – Una educación, de Tara Westover – Con Iria Seijas

Obradoiros de escrita creativa

REVISTA NOVEMBRO

De 18:30 a 20:00h, impartidos por Andreia Costas. É preciso inscribirse.

Primeira quenda: xoves 2, 9, 16, 23 febreiro e 2, 9, 16, 23 marzo.

Segunda quenda: xoves 4, 11, 18, 25 maio e 1, 8, 15, 22 xuño