Que facer en Vigo esta fin de semana
A cidade de Vigo móvese cada fin de semana con actividades culturais en prazas, salas e auditorios. Estas son dez tentadoras propostas para non quedar na casa entre o venres 11 e o domingo 13 de novembro. Para todas as actividades pódese ampliar a informaciónpremendo no título. Encontra moitos máis eventos para esta fin de semana en Vigo na axenda de eventos de A Movida.
Xuntarse cos veciños, asar castañas e compartir petiscos e cuncas é un dos plans máis apetecibles deste mes. Moitas asociacións culturais celebran os seus magostos nestas datas. Podes velos todos neste artigo.
O Petisquiño – Ata o 27 de novembro – 2 a 4 €
25 locais participan na oitava edición do concurso de tapas O Petisquiño. As propostas, que teñen un prezo de entre 2 e 4 €, son variadas, desde cociña tradicional a elaboración e produtos máis novedosos. O público poderá votar as súas elaoracións favoritas a través da app Hostalería Pontevedra.
Festival catropezas: Vientos y arrogancias – Venres, sábado e domingo ás 20h no Teatro Ensalle – 10 €
Comeza o festival Catropezas, co que cada novembro a Sala Ensalle achega aos vigueses pezas nacionais e internacionais de danza contemporánea. Lola Jiménez é a encargada de abrir o certamecunha peza na que “hai palabras, danza, silencios, susurros…” e que contará con tres pases.
Zetak + O Rabelo – Venres ás 22h na Sala Rebullón – 8 €
Dobre concerto na sala de Mos. Zetak é un grupo navarro con Pello Reparaz (ex integrante de Vendetta) como cara visible; un proxecto que combina música electrónica, letras en euskera e melodías pop. Tras el actuará O Rabelo, artista galego que mestura bases rap e trap con melodías da música popular galega como a regueifa.
Musical El médico – Venres, sábado e domingo en varios horarios – Desde 43 €
Musical baseado no bestseller de Noah Gordon é o musical máis premiado en España dos últimos anos. Conta a historia de Rob Cole, un rapaz coa capacidade de predecir a morte que percorre toda Europa para formarse co mellor médico do mundo en Persia.
Robótica creativa (PEQUERRECHOS) – Sábado ás 12h na Biblioteca Juan Compañel – De balde
La Nube de artear guía este obradoiro educativo no que nenos de entre 6 e 12 anos poderán deseñar, programar e poñer en funcionamento os seus propios robots.
Concerto de Su Garrido – Sábado ás 13h na Fábrica de Chocolate – 5 €
La Fábrica de chocolate lánzase a programar un concerto en sesión vermú e faino cunha aposta segura: a cantautora viguesa Su Garrido Pombo, coñecida pola súa expresiva voz e fascinantes loops de voz e guitarra.
Las 4 estaciones…ya no son lo que eran! (PEQUERRECHOS) – Sábado ás 18h no auditorio do Concello – 5 €
Comedia musical que parte da coñecida composición de Vivaldi. Humor, tecnoloxía, virtuosismo instrumental e tradición teatral dan forma a un espectáculo que nos convida de xeito divertido e desenfadado a reflexionar sobre o cambio climático.
Festa de aniversario de Swing On Vigo – Sábado ás 20h en Molotov – Desde 15 €
A escola de baile Swing On Vigo celebra o seu décimo aniversario cunha intensa xornada de música e baile na que haberá un obradoiro, jam session que abrirán Jazztronomics, pizza e algunha outra sorpresa. A festa é aberta a todo o público e non é preciso ter coñecementos previos para pasalo ben e botar uns bailes.
Rub a dub corner– Sábado ás 23:30h na Sala Kominsky – 7 €
Os amantes dos ritmos reggae e dub atopan na Kominsky un fogar con cada sesión #Rubadubcorner, capitaneada polo colectivo Ital Roots. Nesta ocasión, os artistas convidados serán o trío Trilion, israelíes que actuarán por primeira vez na península nesta ocasión e que veñen presentando o seu último traballo.