REVISTA MARZO

Onde vivir o magosto en Vigo

Como cada ano por estas datas, algunhas das asociacións culturais e veciñais organizan magostos nos seus respectivos locais para gozar das castañas asadas en boa compañía.

Unha das mellores cousas da chegada do outono é a chegada das castañas asadas, co seu característico cheiro e sabor. Durante as fines de semana de novembro haberá diferentes xuntazas ao longo da xeografía viguesa con fin de celebrar o Magosto, unha das festas máis arraigadas na cultura galega na que non faltan as castañas asadas no lume, o viño novo e os chourizos.

Estes son os magostos organizados en Vigo. Premendo no nome de cada un accédese ao cartel e máis información de cada un deles. Todos os magostos actualízanse diariamente na categoría ‘As nosas festas’ da nosa axenda.

Venres 4 de novembro

Magosto as da Industria – Praza da Industria – Con xogos tradicionais e actuación do Mago Paco

Magosto no barrio das flores – Parque do barrio das flores- Castañas, pasarrúas e xogos tradicionais.

Magosto as da Bouza – Parque da Bouza – Actuación do paiaso Duende Circo e sorteos

Sábado 5 de novembro

Magosto en Teis – Mercado de Teis – Actuación dos Ferrallas da ETEA e chouripáns.

Magosto na Miñoca – Praza da Miñoca – Castañas, bebidas e música

Sábado 12 de novembro

Magosto Beade – Centro Cultural de Beade – Actuacións de pandeireteiras e gaiteiros

Castañazo contra o pelotazo – Centro Cultural As Pedriñas – Actuacións de varios grupos musicais

Magosto popular Cabral – CCR Cabral – Castañas e actuación do grupo de gaitas Cotogrande.

Ciencia no magosto Praza do Berbés / Navia – Obradoiros que mesturan experimentos científicos sinxelos con actividades relacionadas co magosto.

Gran magosto de Valladares – Centro Cultural de Valladares – Agrupacións folclóricas e castañas de balde

Domingo 13 de novembro

Banner A Movidiña

Ciencia no magosto Navia / Praza do Berbés– Obradoiros que mesturan experimentos científicos sinxelos con actividades relacionadas co magosto.

Mércores 16 de novembro

Festa do Magosto – Centro Sociocultural de Coia – Contacontos, xogos e obradoiro