‘Cariño’, de Vaiembora
Zygmunt Bauman teorizou en Amor líquido que «o amor é a supervivencia do eu a través da alteridade do eu». Sobre esta afirmación do filósofo polaco semella asentarse o debut da compañía Vaiembora na sala Ártika: Cariño, o monólogo dramático que adapta un dos relatos da novela Invisibles, de Montse Fajardo. En escena, a actriz Grial Montes no seu primeiro papel protagonista como Sara, unha adolescente que desmitifica a idea do amor romántico a través da fuxida dun cárcere de celos e posesión que a súa exparella construíu. A montaxe fai fincapé en cuestións como a axuda psicolóxica, as relacións tóxicas na xuventude e o autocoidado. Diego Chamizo na dirección, Carmen Casal e María Torres na escenografía, Violeta Martínez na iluminación, David Vila no vestiario e Alberte Bello na caracterización, conforman o equipo da primeira produción deste grupo teatral emerxente. Se queres coñecer máis sobre a historia de Sara, achégate á sala de teatro da avenida da Beiramar neste mes de Santos no que os aforamentos en cultura, por fin, volven estar ao cen por cento de capacidade.
#016 #violenciacero #culturasegura
Data e hora: Venres 19, sábado 20 e domingo 21 ás 20.00 horas
Lugar: Sala Ártika
Entrada: 14,00 € // Venda en liña e anticipada: 10,00 € + gastos de xestión
Ernesto Is
Escritor
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos’, de VACAburra - 31 Maio, 2024
- ‘Soñar al borde del precipicio’, de Anómico Teatro - 20 Maio, 2024
- ‘Helen Keller, a muller marabilla?’, de Chévere - 5 Marzo, 2024
- ‘O raro é que bailar sexa raro’, de VACAburra - 12 Decembro, 2023
- ‘Deadpan Karaoke’, de Ibuprofeno Teatro - 6 Novembro, 2023